Radio Coruña asina un novo convenio que garante a estabilidade laboral

Acordo entre empresa e traballadores para asinar o novo convenio en Radio Coruña, vixente ata decembro de 2016, prorrogable durante anos vindeiros se ningunha das dúas partes o denuncia. Tras meses de negociacións nos que o Sindicato de Xornalistas de Galicia estivo moi implicado, financiando a presencia e soporte en todas as reunións do gabinete xurídico e a través da representante sindical do SXG, dirección e comité de empresa chegaron a un punto de entendemento no que se garante a estabilidade laboral aínda que cunha perda de poder adquisitivo asumible por parte dos traballadores. Os resultados supoñen un cambio considerable a favor dos tarballadores respecto ás primeiras intencións da empresa. Continue reading

O SXG gaña as eleccións en Diario de Ferrol e logra representación en Radio Coruña e La Región

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) representará aos traballadores do Diario de Ferrol –que forma parte da Editorial La Capital- grazas a súa vitoria nas eleccións sindicais organizadas esta semana. Ademais, o SXG tamén conseguiu recentemente representación noutros dous medios, Radio Coruña –que emite a programación da Cadea Ser– e o xornal La Región de Ourense.

A candidatura do SXG no Diario de Ferrol obtivo quince votos, por oito da CIG. Polo tanto, unha afiliada do Sindicato pasará a ser a delegada sindical na cabeceira ferrolá.

O SXG tamén acaba de obter un representante no comité empresa de Radio Coruña, no que tamén lograron un delegado CC.OO. e UGT. Ademais, o Sindicato logrou dous representantes na repetición das eleccións en La Región de Ourense. Neste diario o Comité de empresa tamén estará formado por tres representantes de UGT, dous de CC.OO. e un da CIG.

En definitiva, o SXG logrou catro representantes sindicais en dúas semanas. O SXG consegue así obter presenza nos comités en todos os comicios aos que se presentou ata agora.

Como loitar contra a precariedade?

O SXG quere agradecer publicamente o esforzo dos compañeiros que se animaron a presentarse baixo as súas siglas. Ademais, o Sindicato lembra a todos os traballadores do sector da comunicación de Galicia que para acabar coa precariedade na profesión é imprescindíbel ter unha representación activa nos comités de empresa.

Por iso anima a todos os profesionais interesados a solicitar a axuda do SXG para organizar candidaturas nas súas empresas do sector da comunicación.