O SXG denuncia que moitos informadores non son libres de traballar en galego

O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia, no Día das Letras Galegas, que o emprego do galego é aínda unha rareza na maioría dos medios de comunicación privados da Comunidade.

Hoxe día 17 de maio, as portadas dos principais xornais de Galicia saen á rúa maioritariamente en galego, como sucede tódolos anos por estas datas. O Sindicato valora positivamente este costume, pero entende que é unha práctica hipócrita.

A realidade do día a día é ben diferente, pois son moitos os afiliados do SXG que queren escribir máis noticias en galego pero que non poden facelo debido as políticas empresariais que favorecen o castelán en tódolas áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión.

Chamamento ás administracións

O Sindicato respeta a total liberdade das empresas para escoller o idioma no que publican. Sen embargo, o SXG pídelles ós medios un compromiso máis alá do puramente estético ou testimonial co galego, que tamén é a lingua de moitos dos seus empregados e da maioría da súa audiencia.

Asimesmo, esta organización lembra ós poderes públicos que unha das súas obrigas legais é fomentar o uso da lingua. Por iso, o SXG reclama ás administracións que o emprego regular deste idioma sexa, xunto coa erradicación da precariedade laboral, un criterio clave á hora de conceder as subvencións e as campañas de publicidade que, con cartos públicos, sirven para financiar ás empresas da comunicación.

O Parlamento debate o luns sobre o galego e a precariedade nos medios

O Parlamento de Galicia debaterá este luns as políticas da Xunta para aumentar o uso do galego nos medios de comunicación e loitar contra a precariedade laboral nestas empresas. O texto da proposta explica que a presentación da mesma é produto da mobilización que organizou o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) en novembro baixo o lema "A miña precariedade é a túa desinformación ".

A Pregunta recolle a denuncia do Sindicato de que as cuantiosas subvencións serven para financiar "as xornadas laborais abusivas, os contratos en precario, o abuso de persoal en prácticas e o aumento da porcentaxe de falsos autónomos". O mesmo texto indica que “a Xunta de Galicia establece axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión”.

O SXG defende que, no caso de existir, as subvencións aos medios non poden servir para financiar a explotación laboral de moitos traballadores, como sucede na actualidade.

Cómplices dunha ilegalidade

O Sindicato alerta que os partidos e a Xunta non poden seguir sendo cómplices desta desfeita; pois é evidente que a maioría das empresas están a vulnerar as condicións das ordes de axudas publicadas no DOG pola Xunta nos últimos anos, especialmente no referido a promoción da lingua.

Atraso na tramitación

A Pregunta será debatida na Comisión Institucional a partir das 10:30. O comezo da tramitación chega tras catro meses de tramitación, un período de todo inusual na burocracia da Cámara.

En directo por internet

A postura dos partidos políticos sobre este importante tema poderase seguir en directo a través da web da Cámara, www.parlamentodegalicia.es. Por último, a organización agradece á deputada nacionalista Modesta Riobó a presentación da “Pregunta sobre as axudas económicas destinadas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión”.

Reparto das subvencións aos medios polo galego

O SXG PIDE QUE SE VINCULEN A LOITA CONTRA A PRECARIEDADE

O Sindicato de Xornalistas de Galicia ten pedido reiteradamente que estas axudas públicas estean condicionadas ao uso real da lingua da Comunidade e a loita contra a precariedade laboral, habitual nas empresas da comunicación.

Segundo Galiciaconfidencial "o medio que máis cartos recibe é o Grupo Voz, seguido do Faro de Vigo, Editorial Compostela (Editora do Grupo Correo), El Progreso de Lugo e cinco cadeas de radio asociadas ao Grupo Prisa".

Ademais dos ingresos mediantes subvencións directas, os medios galegos reciben cartos públicos mediantes "convenios bilaterais concretos", recorda o confidencial.

O SXG denuncia que moitos profesionais seguen sen ser libres para informar en galego

O SXG pide á Xunta que as subvencións que dá aos medios sirvan para aumentar o uso da lingua e a a estabilidade laboral e non só para financiar ás empresas

A lingua é unha rareza en moitos medios malia estar moi subvencionado o seu uso

Hoxe, día 17 de maio, as portadas dos principais xornais de Galicia saen de novo á rúa en galego, como sucede sempre nesta data. O Sindicato valora positivamente esta tradición, pero denuncia que é unha práctica hipócrita.

A realidade do día a día é ben diferente, pois son moitos os afiliados do SXG queren escribir máis en galego pero non poden facelo debido as políticas empresariais, que obrigan ao uso do castelán en todas as áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión.

Para que serven as subvencións?

Esta organización lembra ós poderes públicos (concellos, deputacións e Xunta) que fomentar o uso da lingua é unha das súas obrigas legais.

O SXG reclama que o emprego regular do idioma sexa -xunto coa erradicación da precariedade laboral- un criterio chave no reparto das importantes subvencións que, baixo a escusa de promover o galego, financian ás empresas da comunicación da autonomía.

E é que ata hoxe o diñeiro dos contribuíntes serviu para financiar aos empresarios, pero non para darlle ós informadores máis liberdade para usar a súa lingua nin para aumentar a estabilidade laboral no sector.

O Sindicato respecta a total liberdade das compañías para escoller o idioma no que publican. Sen embargo, o SXG pídelles ós medios un compromiso máis alá do puramente estético ou testimonial coa lingua, como o que fan hoxe.
O galego é, ao fin e o cabo, a lingua de moitos dos seus empregados e da maioría da súa audiencia.