Máis do 60% dos xornalistas da TVG denuncia manipulación informativa

Os Comités de Empresa da TVG e da Radio Galega, nos que o Sindicato de Xornalistas de Galicia ten varios representantes, entregaron aos partidos políticos con representación no Parlamento galego (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) 345 sinaturas en defensa dunha televisión e unha radio públicas, plurais e ao servizo da cidadanía.

Continue reading

O SXG pide aos editores que apliquen nos seus medios o mesmo que eles lle reclaman aos políticos

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) saúdan a "carta de boas prácticas" que os directores de "El Mundo", "El País", "ABC", "La Razón", "Público", "La Vanguardia" e "El Periódico de Cataluña" asinaron con motivo do Día da Liberdade de Expresión xunto á Asociación da Prensa de Madrid (APM) e o Colexio de Xornalistas de Cataluña (CPC).

Nela mostran a súa xustificada preocupación polas "crecentes dificultades" que para o exercicio do xornalismo provocan "personaxes públicos, da política e doutros ámbitos" que "deterioran a calidade da democracia e prexudican aos cidadáns, que non reciben unha información satisfactoria e suficiente."

A FeSP, da que forma parte o SXG e outros seis sindicatos de profesionais da comunicación do Estado, entende que esta preocupación das empresas tamén debe reflectirse de inmediato en garantías para a independencia e a liberdade profesional dos xornalistas dentro das súas empresas. Para que iso sexa posible, debe ser inmediata a supresión das trabas que pon para constituír consellos de redacción e estatutos profesionais, que son ferramentas imprescindibles para garantir esa "información satisfactoria e suficiente".

A FeSP tamén celebraría que os editores adherísense con idéntico entusiasmo ás "boas prácticas contractuais" que as mesmas asociacións profesionais coas que agora asinaron esa carta lles reclamaron en decembro sen que aínda os editores respondesen ren.

Desde a FeSP, que apoiou aquela iniciativa de APM e CPC, recordámoslles agora as malas prácticas que deberían suprimir das súas empresas para facer crible a súa manifestada preocupación pola saúde da información:

  • Abuso endémico dos estudantes en prácticas en postos de traballo estruturais
  • Permanente utilización de moitos xornalistas como persoais encubertos, sen asinar con eles ningún tipo de contrato.
  • Presións sobre os xornalistas para que a información responda aos intereses do medio.
  • Vulneración dos dereitos dos traballadores mediante a extorsión aos "xornalistas á peza ", obrigándolles a darse de alta como autónomos cando son traballadores por conta allea.
  • Esixencia, mediante abuso de poder, da cesión dos dereitos de autoría aos redactores e os fotógrafos.
  • Bloqueo das negociacións do Convenio Colectivo da Prensa Diaria e que o acepten como un convenio de mínimos para todos os traballadores de prensa.

No mesmo día en que eses directores de xornais reclamaban "boas prácticas" aos políticos, a APM recordaba, con bo criterio, que a precariedade laboral e a inseguridade profesional "van directamente contra a profesionalidade, a independencia e a calidade da información e a opinión e conducen ao descrédito dos medios ante os cidadáns."

Por iso , desde a FeSP pedimos a todos que manteñan actitudes responsables e consecuentes cos documentos que asinan.

Os sindicatos de xornalistas denuncian o afán dalgúns partidos por controlar a información electoral

A Federación de Sindicatos de Xornalistas, da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, denuncia que deen cada proceso electoral aumenta o intento dos partidos de limitar o libre exercicio profesional do xornalismo na cobertura informativa das campañas. Como consecuencia desa actitude se conculca o dereito á información da cidadanía.

O triste episodio da negociación entre PSOE e PP para preparar os debates en televisión entre os seus máximos líderes é unha mostra máis de que eses partidos aínda cren que son eles os donos da información e que non teñen prexuízos en desprezar aos medios públicos de todos os cidadáns.

A fixación arbitraria dos bloques electorais nos medios de titularidade pública pola Xunta Electoral Central (XEC), que carece de competencias para facelo, é un insulto e un menosprezo á capacidade e honestidade dos profesionais da información deses medios. Esta actuación foi denunciada por varios colectivos profesionais, denuncia á que se suma a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP).

Esixencias nos debates

Doutra banda, os principais líderes políticos ou os seus asesores esixen aos medios entrevistas ou debates pactados, nos que pretenden impor ata ata os ángulos que deben captar as cámaras, o que converte aos xornalistas en meros espectadores deses “mitins particulares”.

Eses mesmos asesores, no seu afán por controlar as imaxes dos seus líderes; pñen trabas ao traballo libre das cámaras dos medios e ofrecen ás televisións o seu sinal institucional dos mitins. En moitos casos, e sen vergoña algunha, as empresas xornalísticas aceptan emitir esas imaxes, co que se converten en meros correos de transmisión da información que lles facilitan os partidos. Isto supón traizoar a mesma liberdade de prensa que din defender, polo aforro económico que isto lles representa.

Mediadores necesarios

Ante este lamentable espectáculo, a Federación de Sindicatos de Xornalistas recorda a todos os partidos políticos que a información é un dereito da cidadanía, que é a súa dona; que os xornalistas son os mediadores necesarios entre a información e a sociedade, e que o respecto a ese dereito fundamental esixe que ninguén poña límites á independencia profesional dos informadores.

Cómpre que terminemos dunha vez por todas con este espectáculo.

O Sindicat catalán pide o fin do control dos medios públicos locais

CONTRA A PRECARIEDADE ACTUAL

O escrito do SPC vai acompañado do manifesto elaborado polo sindicato no que se expoñen os criterios cos que considera que se terían que xestionar estes medios e que teñen como obxectivo "garantir a independencia dos profesionais e uns requisitos dun emprego dignos, lonxe da precariedade coas que moitos funcionan actualmente".

No manifesto lémbrase que o deber destes medios é "ofrecer á cidadanía unha información veraz, plural, independente e de calidade" e que os concellos e entidades locais "teñen que garantir o dereito á información da cidadanía, a liberdade de expresión e o pluralismo de opinións".

O SPC tamén pide no seu manifesto que "a dirección destes medios non coincida coa do gabinete de prensa ou de comunicación do concello", así como a conveniencia de dotar ás emisoras dun consello de información local e de "velar" polos requisitos dun emprego das persoas que traballan nestes medios.

Finalmente, o SPC lembra que en épocas de especial transcendencia, como as eleccións, "tense que evitar calquera actuación que supoña unha mingua dos criterios profesionais das informadores, como a imposición de tempo cronometrado en función da representatividade política".