Comunicado de apoio aos traballadores despedidos no Diario de Pontevedra

A Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida este sábado en Santiago de Compostela, quere amosar o seu total apoio aos traballadores despedidos esta semana no Diario de Pontevedra, seis traballadores de redacción e unha de administración aos que a empresa lles rescindiu o contrato baseados en motivos económicos, así como a tres bolseiros de redacción. O SXG tamén respalda as reivindicacións dos traballadores e todas as accións que leven a cabo nos vindeiros días, a primeira unha folga de sete días que comezará o vindeiro 5 de novembro. Continue reading

O Sindicato de Xornalistas de Galicia condena a agresión ao fotógrafo galego durante a folga xeral en Madrid


O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica a agresión sofrida polo fotógrafo de El Confidencial, o galego Iván Gil. Mentres estaba traballando en Madrid durante a última folga xeral, o traballador foi golpeado por un membro das Unidades de Intervención Policial, os coñecidos como ‘antidisturbios’.

Continue reading

Os sindicatos convocan a todos os xornalistas á Folga Xeral o 14-N

Os sindicatos pertencentes ao Foro de Organizacións de Xornalistas –a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, a Agrupación Xeral de Xornalistas de UGT (AGP-UGT), Xornalistas de CCOO e Sindicat da Imatge (UPIFC)– chaman a todos os traballadores e traballadoras dos medios de comunicación a sumarse á xornada de Folga Xeral do próximo 14 de novembro. Continue reading

Os traballadores de Telemadrid volven á folga

90% DE SEGUIMENTO

García considera que, "a pesar de ter ofrecido propostas alternativas no que fai á produción propia", non se chegou a acordos en ningún punto, polo que os traballadores secundarán unha folga similar á dos pasados 24 e 25 de xullo, que deixou o sinal televisiva en negro, debido a que non se logrou un pacto no que fai aos servizos mínimos.

Pola súa banda, a dirección da empresa sinalou que nestas últimas reunións ofreceu aos sindicatos o pagamento inmediato dun aumento salarial do 2 por cento aos traballadores, con retroactividade desde o pasado 1 de xaneiro, a conta do resultado final da negociación do convenio colectivo.

Respecto á produción propia, RTVM sinalou que a empresa conta xa cun das porcentaxes máis altos de todas as emisoras de televisión nacionais, tanto públicas como privadas, e que as previsións dos meses próximos non supoñen unha redución da produción interna de Telemadrid.

"Ás 18.00 de hoxe, os representantes sindicais mantiñan, de forma irresponsable, a convocatoria de folga para mañá, a pesar do dano económico e de imaxe que a anterior folga provocou en Telemadrid", declarou a dirección do ente público.

A sindicalista manifestou que o repercusión da folga será similar á convocatoria anterior, que cifrou nun 90% de seguimento, aínda que recoñeceu que haberá menos xente implicada "debido a que entre o 30 e o 40% do cadro de persoal colleu xa as vacacións".

Así mesmo, ás 15.00 horas reuníronse en asemblea para coñecer detalles da reunión de hoxe os traballadores, que son os últimos que teñen o voto para referendar ou revogar un posible acordo, que os sindicatos queren por escrito.

Os axentes sociais queren que o convenio colectivo recolla unha suba salarial para manter o seu poder adquisitivo, e que se utilicen os medios técnicos para facer produción propia.

Ademais, queren acabar coa temporalidade en Onda Madrid, que cifran no 50% do cadro de persoal. "A maioría dos postos fixos son técnicos, mentres que o 70% dos redactores están suxeitos a contratos de obra por un programa en concreto", concluíu García.

Folga na televisión pública balear polas subcontratas

INGRESAN 15 MILLÓNS E SÓ GASTAN 7 EN PERSOAL

O comité de empresa fixo público que se tras a concentración non se obtén unha oferta seria da dirección de IB3, convocarase unha asemblea de traballadores para propor unha folga.
O comité criticou que o director do ente autonómico, Antoni Martorell, rompa de xeito unilateral o diálogo cos traballadores sen dar explicacións e instoulle a pronunciarse sobre o modelo de televisión que se pretende.

Os informativos do mediodía son realizados por profesionais contratados en oito empresas distintas

O portavoz dos traballadores alertou da situación actual da emisora, onde os informativos do mediodía son realizados por profesionais contratados a oito empresas distintas.

Así mesmo, manifestou que teñen constancia que a empresa SBT ingresa ao redor de quince millóns de euros anuais e só inviste sete nos traballadores o que demostra a ganancia dos intermediarios.