O SXG e a FeSP solidarízase cos traballadores de El País e cos do Grupo Unidade Editorial, ameazados por senllos ERE desorbitados

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) solidarízase cos traballadores de El país e condena rotundamente as ameazas que lles fixo chegar o director do xornal, Javier Moreno, para que non sigan adiante coa folga de firmas que aprobou a asemblea como protesta polo anuncio empresarial de despedir 149 persoas, a terceira parte do equipo. Continue reading

Os sindicatos de xornalistas gañan as eleccións en El Mundo e La Vanguardia

O Sindicato de Xornalistas de Madrid (SPM) gañou as eleccións sindicais no Mundo, o diario económico Negocio e a empresa Unidade Editorial. Por outra parte, nas eleccións en Edicións Primeira Plana, S.A. (editora do Periódico de Cataluña) gañou outra vez a lista presentada polo Sindicat de Periodistes de Cataluña (SPC).

Para elixir ao comité de empresa de El Mundo, integrado por 13 persoas, só presentou candidatura o SPM, encabezada polo seu secretario xeral, Agustín Yanel. En Unidade Editorial (a empresa que inclúe todos os departamentos do Mundo e de Recoletos que non son as redaccións, máis Documentación), a lista do SPM logrou 13 dos 17 membros do Comité de Empresa e CCOO obtivo os outro catro.

O SPM tamén convocou eleccións no diario económico Negocio para elixir un comité de empresa de cinco persoas, que ata agora non existía. O apoio en votos foi abafador. En Unidade Editorial Sociedade de Revistas (a empresa que agrupa a todas as revistas de El Mundo e Recoletos) a candidatura do SPM obtivo tres delegados e a de CCOO os seis restantes.

Estes resultados confirman o incremento progresivo de comités e delegados do Sindicato de Xornalistas de Madrid. O SPM tamén conta cos comités da Razón, Taller de Editores (a axencia Colpisa), Edicións Reunidas (a editora das revistas do Grupo Z), e con delegados sindicais noutros medios de comunicación.

En El Periódico o SPC tivo nove delegados, dun total de trece membros, no novo comité de empresa do diario, mentres que os outros catro corresponden á lista presentada por Comisións Obreiras (CCOO).

A representación do*SPC corresponde basicamente ao ámbito de redacción mentres que a de Comisións Obreiras á das áreas de administración e xestión.

Votaron 171 persoas, cifra que representa unha participación ao redor do 60% do persoal. Estes resultados electorais configuran unha representación sindical idéntica á que ata agora había neste diario do Grupo Z.

Os sindicatos de xornalistas apoian aos traballadores de El Mundo tras o despido de Félix Martínez

O Sindicat de Periodistes de Catalunya, que ao igual que o Sindicato de Xornalistas de Galicia forma parte da Federación de Sindicatos de Periodistas, apoia ás denuncias dos traballadores do Mundo de Catalunya polo despedimento do redactor na cabeza F.M.. Este produciuse o venres 30 de novembro pasado tras un artigo de opinión publicado na edición catalá do diario sobre as celebracións franquistas do 20-N.

A FeSP deplora que nin o mesmo afectado nin o comité de empresa non sexan convocados previamente pola empresa para coñecer a súa versión dos feitos e que non se tiveron en conta os doce anos de servizo que o compañeiro levaba no diario, os últimos dos cales en cargos de responsabilidade desenvolvidos a plena satisfacción pola dirección do rotativo.

Proba diso é que F. M. non fora amoestado nunca oficialmente polo diario. En consecuencia, o SPC cre que o único motivo que hai para esta decisión son as presións políticas que os sectores ultras fixeron sobre o director do diario, ao que forzaron a un despedimento inxusto e fóra de toda medida.

O Sindicato ponse a disposición dos traballadores do Mundo de Catalunya e do compañeiro F. M. para impulsar as accións que crean necesarias en defensa do bo nome do compañeiro e dunha resolución xusta do conflito.

El Mundo vulnerou a liberdade de expresión dun xornalista segundo o Tribunal Constitucional

O Tribunal Constitucional deu a razón a un xornalista do Mundo e sinalou que a empresa vulnerou o seu dereito á liberdade de expresión, ao non permitirlle que continuase participando nun faladoiro de televisión na que levaba catro anos. A prohibición foi acordada despois de que Frechoso dixese no faladoiro que ese diario non informara de que o 90% do persoal secundou a folga xeral do 20 de xuño de 2002, e lamentase que a policía tivese que trasladar nos seus furgóns exemplares do xornal desde a imprenta ata un local policial, onde foron recollidos para distribuílos aos puntos de venda.

Dous xuíces sentenciaron no seu día que fora vulnerado o dereito á liberdade de expresión de Frechoso. Pero a empresa recorreu e o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) deulle a razón, cunha sentenza redactada polo maxistrado Miguel Moreiras que foi moi criticada en medios xornalísticos e no mundo do Dereito polos argumentos que utilizaba.

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, celebra que esa sentenza sexa agora anulada e que o Constitucional, unha vez máis, indique que as competencias que ten un empresario para organizar o traballo non poden lesionar dereitos fundamentais dos seus empregados, como ocorreu neste caso.

Como argumentos para dar a razón á empresa, o TSJ de Madrid citaba dous casos que non tiñan relación con este: o dun policía que criticou na radio a un superior e o dunha revista de Turquía que foi acusada de incitar ao terrorismo. Cunhas frases sacadas de contexto desas sentenzas, o tribunal madrileño indicaba que os xornalistas deben axustarse á liña editorial do medio para o que traballan e seguila.

O Constitucional indicou que asinar un contrato de traballo non pode vulnerar dereitos fundamentais do empregado. Por iso, a empresa editora do Mundo estaba obrigada a demostrar que a prohibición a Frechoso non era unha represalia polas súas críticas no faladoiro “A mirada crítica”, de Telecinco, senón que existían «motivos razoables» para adoptar esa medida, cousa que non fixo.

A FeSP felicita ao redactor xefe do Mundo Francisco Frechoso, e á profesión xornalística en xeral porque esta resolución anula o que fose un grave precedente contra a liberdade de expresión; e congratúlase de que o Tribunal Constitucional sentencie que os xornalistas non están obrigados a coincidir coa liña editorial do seu medio, no caso de que esta exista.

La FeSP rechaza que se implique a los periodistas en los conflictos entre empresas

Una vez más, y ya son demasiadas, un periodista ha sido implicado en un conflicto de intereses entre dos empresas de medios de comunicación, cuando su único “pecado” ha sido el de cumplir con su obligación de informar al difundir una noticia cierta: varios agentes del Cuerpo Nacional de Policía eran investigados por su presunta participación en un caso de tráfico de explosivos.

La Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) lamenta estas prácticas empresariales y rechaza rotundamente que el diario “El País” haya publicado las conversaciones de un redactor del periódico “El Mundo” con sus fuentes de información. Esas conversaciones no aportan nada a la noticia, y lo único que hacen es divulgar datos privados sobre la manera de trabajar de un profesional. Es de extraordinaria gravedad que un medio de comunicación no respete el derecho constitucional al secreto profesional de un periodista.

Cada medio de comunicación es muy libre de criticar a los de su competencia, si lo considera conveniente. Pero utilizar en las riñas empresariales a un periodista, como ha hecho “El País” en este caso –incluso especulando en un editorial sobre la intención que tenía ese informador cuando hablaba con su fuente—, es algo totalmente rechazable en un Estado democrático de Derecho en el que existe la libertad de expresión y la libre competencia.

Sorprende que algunos grupos empresariales de comunicación no tengan ningún inconveniente en recurrir a estas estrategias para defender sus intereses empresariales y, en cambio, siempre se pongan de acuerdo cuando se trata de abortar el Estatuto del Periodista Profesional o cualquier otro intento de mejorar las condiciones de trabajo de los periodistas en beneficio de la ciudadanía.

La Junta Ejecutiva Federal de la FeSP hace un llamamiento a los responsables de los medios de comunicación para que dejen trabajar a sus periodistas con libertad, sin utilizarlos en sus rifirrafes empresariales. Serán los lectores, los radioyentes y los teleespectadores quienes juzguen a cada medio, y para eso no hay que vulnerar la intimidad de los informadores en su trabajo.


7 Diciembre 2006. Junta Ejecutiva Federal de la Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP)