Seis novos xuízos contra a CRTVG comezan esta semana na Coruña e Lugo

Seis xuízos contra a Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) comezan esta semana na Coruña e Lugo, tres mañá mércores e outros tres o xoves. Os demandantes, que traballan na delegación do ente na cidade herculina, reclaman que se lles recoñeza a súa vinculación laboral directa coa CRTVG. O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) apoia as reivindicacións dos informadores, ata agora contratados a través de produtoras privadas. Ademais, o Sindicato lembra á dirección do ente a súa promesa de acabar coa precariedade na Compañía.

En total, son máis de corenta os traballadores –das delegacións de Lugo, Madrid, Burela, Pontevedra, Vigo e Ferrol- que demandaron á Compañía de forma coordinada e co mesmo fin. Dous deles xa gañaron os seus xuízos en Vigo, polo que a CRTVG deberá incorporalos a súa plantilla.

Noticias feitas por produtoras privadas con cartos públicos

O Sindicato de Xornalistas de Galicia defende que os traballadores das delegacións deben ter os mesmos dereitos cos da central de Santiago. Unha empresa pública non pode ampararse en sub-contratas para reducir os dereitos destes informadores, algo que evidentemente prexudica a independencia coa que estes profesionais poden informar aos cidadáns galegos.

É inadmisible que as delegacións estean en mans de produtoras particulares, xa que estes centros xeran a maioría dos contidos informativos que emite a cadea pública. Unicamente o 37% do tempo dos informativos foron de “produción propia” en setembro de 2005, tal e como recoñeceu a dirección da Compañía ao Parlamento de Galicia.

U-la promesa do bipartito de promover a independencia da Galega?

Ademais dos xuízos na Coruña, catorce vistas máis celebraranse o 25 e o 26 de xaneiro en Lugo. A primeira sentencia deste grupo de demandas deu a razón á redactora, Anxos Padín, que levaba sete anos traballando na Delegación de Vigo contratada a través dunha produtora privada. Dende agora, a xornalista poderá figurar na nómina da "Galega" e gozar da antigüidade correspondente. A segunda sentencia tamén deu a razón a xornalista Iria Langarón, nunhas circunstancias similares. É de agardar pois que o resto de sentencias se pronuncien no mesmo sentido.

Polo tanto, o SXG pide a dirección da CRTVG que deixe de esconder a privatización do ente e asuma o seu compromiso público de regularizar o emprego, tanto nas delegacións como en San Marcos. De non facelo, o goberno bipartito estará a incumprir un dos compromisos que o levaron o poder, promover a independencia dos medios públicos.

La CRTVG tendrá que contratar a los trabajadores de sus delegaciones

Primeras sentencias a favor de los trabajadores

Tal y como denunció el SXG, más de 30 profesionais de Lugo, Burela, Vigo, Ferrol, A Coruña e Pontevedra piden ante la Justicia tener los mismos derechos laborales que sus compañeros de Santiago.

El País informa que "tres sentencias sucesivas de juzgados de lo social de Vigo" han sido favorables a los empleados, hasta ahora contratados a través de productoras.

En las tres sentencias hasta ahora, según el diario, se aprecia "cesión ilegal" de trabajadores por parte de las productoras, depedientes de los principales periódicos gallegos.

Un dos membros do Comité de Empresa da CRTVG non dimitiu

As eleción do novo Comité retrasaríase, segundo Galicia Hoxe

O xornal Galicia Hoxe afirma que "no caso de persistir esta situación celebraríanse eleccións parcias e non xerais, algo que é considerado como un enredo polos membros do comité en funcións pois obrigaria a celebrar dúas eleccións en pouco tempo".

O diario tamén anuncia que aumentarán o número de representantes sindicais. En concreto, indica que " na TVG pasarán de 13 que hai na actualidade a 17, xa que os seus traballadores xa pasan de cincocentos".

Para a Radio Galega estima que aumentarán ata 9 representantes, frente os cinco actuais. No Comité de Empresa da Compañía seguirá habendo cinco traballadores, segundo Galicia Hoxe.

Dimite o comité de empresa da CRTVG

Haberá eleccións o próximo ano, previsiblemente

É previsible, polo tanto, que se convoquen elecións sindicais a principios de 2007.

Mentres tanto, seguen a celebrarse os xuízos promovidos polos traballadores das delegacións do Ente público galego. Estes traballadores reclaman ter os mesmos dereitos laborais que os seus compañeiros de San Marcos. Na actualidade están contratados a través de produtoras, que pertencen a varios dos xornais locais máis importantes da autononomía.

O Sindicato apoia a demanda dos traballadores de que os postos de traballos das delegacións pasen a formar parte da estrutura da CRTVG.

É inadmisible que as delegacións estean en mans de particulares, especialmente tendo en conta que estes centros xeran a maioría da información propia que emite a compañía pública.

Os traballadores da CRTVG en Lugo din que o ente parou a renovación dos contratos coas productoras

Reiteran as graves ameazas da compañía ós denunciantes e ás testemuñas dos xuízos sobre a vinculación laboral

A continuación reproducimos o comunicado feito público pola plantilla da CRTVG en Lugo:

"As productoras comezan a presionar aos traballadores das Delegacións da CRTVG en Galicia e Madrid para que retiren as demandas interpostas contra a compañía.

Mentres non consigan que os traballaadores das Delegacións se boten atrás e desistan no seu intento de conseguir, pola vía xudicial, os dereitos que lle corresponde, a CRTVG négase a asinar os contratos millonarios que mantiña ata o de agora con esas produtoras.

Pola súa banda, a compañía ameaza ós traballadores de San Marcos con non renovarlles os contratos se deciden declarar nos xuízos dos seus compañeiros.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG en Galicia e Madrid cremos que esta actiude "mafiosa" por parte da Galega non debe ser permitida a unha empresa pública pagada coon cartos de tódolos galegos.

É insultante que traten de facer que retiremeos as demandas ameazando con despidos ou con que se ganamos sacarán a nosa praza inmediatamente a concurso público como represalia.

Chegan a ta tal punto as súas artimañas que recoñecen incluso, iso si meidante a voz dos responsables das produtoras, que nós, traballadores continuos e excusivos da "casa"NUNCA ganaremos esa praza, que "deso xa se encargarán eles".

Nula intención de diálogo

Esa é a televisión Galega que nos merecemos? Mira e verás… sen dúbida. Verás ameazas, presinóns e ningunha intención de diálogo, solicitado xa en varias ocasións polos traballadores das Delegacións antes de tomar calquera medida legal.

Queremos que os nosos compañeiros de San Marcos saiban que nunca tivemos inteción de prexudicalos e que queremos que coñezan a nosa situación:

  • Traballamos en xornada partida, mañá e tarde ata que remta o último informativo e en ocasións ata que remata o Telexornal Noite.
  • Facemos ademais o informativo local e conexións en directo polas mañás e agora ás veces polas tardes
  • Representamos á Galega en tódolos sitios e cobarmos menos de 1.000 euros (os nosos soldos están entre os 800 e os 1.000 euros).
  • Nunca quixemos chegar ata esta situación, de feito, solicitamos unha xuntanza con Monclús, pero nin tivo a deferencia de contestar.
  • A última información que nos chegou é que a TVG a nós non nos quere "dar nin auga".
  • Iso si, ameazan ós nosos compañeiros de Santiago para que non veñan declarar e dinlles que como o fagan non renovarán contratos. Esa é unha actitude dialogante?
  • Como que nos digan que ganemos o xuízo ou non estamos na rúa. Actitude moi dialogante.
  • Se nos botan non imos atopar traballo en toda Galicia. Actitude dialongante.

¿Queren diálogo? Pois que falen. Que falen. Pero que falen os responsables da Radio e da Televisión de Galicai.

Como pensades que podemos sentirnos?
Só pedimos que se recoñezan os nosos dereitos e, sobre todo, que rematen as presións para que retiremos as demandas.

Da a sensación de que queren convencernos de que non somos conscientes do que facemos. É un erro.

Señores da CRTVG e das produtoras: estamos defendendo os nosos dereitos como trbaalladores durante anos da RTVG. Estamos xogándonos o noso posto de traballo. ¿Seguen pensando que non meditamos seriamente a decisión de acudir á Xustiza?

Esperemaso que non.

Seguiremos adiante coas nosas reivindicacións e só pedimos que ceses as presións contra os traballaodres das Delegacións e contra os traballadores de San Marcos que coñecen e comprenden a nosa situación."

Información relacionada:

- O SXG denuncia as ameazas aos traballadores e a privatización das delegacións da CRTVG