Comunicado de apoio ás Marchas da Dignidade

O Consello Directivo do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunido este sábado en Santiago, acorda facer público o apoio desta organización sindical profesional ás Marchas da Dignidade que hoxe están a chegar a Madrid así como a manifestación que percorrerá as rúas da capital do Estado. O Consello Directivo do SXG considera totalmente conveniente esta mobilización no momento actual e subscribe o manifesto que a motiva e que afirma que estamos vivindo unha “situación límite, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora á cidadanía e aos pobos”. O SXG móstrase en total acordo con ese manifesto que asegura que “están aproveitando a crise para recortar dereitos” e todo para que “a banca e os poderes económicos sigan tendo grandes beneficios a expensas das nosas vidas”.
“Non ao pago da débeda; nin un recorte máis; fóra os gobernos da Troika; pan, traballo e teito para todos e todas”
O Consello Directivo é o máximo órgano de goberno entre congresos do Sindicato de Xornalistas de Galicia. Nas súas reunións semestrais marca a axenda a seguir polo sindicato e a desenvolver pola executiva.


Comunicado do Consello Directivo do SXG

O Consello Directivo do Sindicato de Xornalistas de Galicia reunido en Santiago de Compostela o día 13 de xullo de 2013 fai público o seguinte comunicado

O SXG chama a todos os estamentos da sociedade a estremar a alerta sobre a situación crítica pola que está arestora a pasar o sector da información en Galicia coas consecuencias que iso ten sobre o dereito da cidadanía á información que é unha das bases fundamentais do estado de dereito e como tal está recollido na Constitución Española.  A pluralidade informativa e lingüística, a liberdade de prensa, o acceso das voces das minorías aos medios de información e a transparencia obrigada dos poderes públicos vense hoxe gravemente ameazadas polos efectos da crise económica e a as maneiras que teñen as empresas do sector e as administracións de afrontala.

Continue reading

Por unha información ao servizo da cidadanía

O Sindicato dos Jornalistas (SJ) de Portugal e a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, reclaman dos gobernos e partidos políticos de Portugal e España un pacto para asegurar a existencia de sistemas de radiotelevisión públicos que garantan á cidadanía o seu dereito á información. Continue reading