A FeSP consegue que a Defensora del Pueblo rectifique a súa postura da obrigatoriedade do uso de chaleco identificador

A Institución do Defensor del Pueblo, que dirixe Soledad Becerril, recoñeceu por escrito á Federación de Sindicatos de Periodistas da que é parte o SXG que os chalecos de identificación que a Dirección General da Policía Nacional recomenda utilizar aos fotoxornalistas nas manifestacións e protestas na rúa non son obrigatorios e, ademais, so están a disposición dunha asociación profesional e non de todas as representativas do sector. Continue reading

A Federación de Sindicatos de Periodistas denuncia o aumento de agresións policiais a xornalistas gráficos

Pide a Interior que respecte o dereito a informar dos medios alternativos por igual que os tradicionais e que se reúna cos organizacións representativas.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público este mediodía o seguinte comunicado da súa Junta Ejecutiva Federal:

As agresións que sufriron cando menos seis fotógrafos por parte de varios policías antidisturbios o sábado 29 de marzo en Madrid, mentres realizaban o seu traballo informativo nunha protesta non autorizada convocada co lema “Jaque al Rey”, foron un salto cualitativo na actitude obstrucionista que algúns axentes manteñen cada vez con máis frecuencia contra os fotoperiodistas durante as protestas da cidadanía na rúa.
Neste caso, como se ve nos vídeos difundidos por varios medios de comunicación, algúns axentes da Unidad de Intervención Policial golpearon e empurraron a varios fotógrafos e, ademais, non lles permitiron axudar a outro fotógrafo que, tras ser fortemente golpeado, caeu e permanecía tombado no chan.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), que sempre ten condenado con toda contundencia estes comportamentos, tamén o fai neste caso e esixe da Delegación do Goberno en Madrid que abra unha investigación e adopte as medidas necesarias para que non se repitan condutas deste tipo. Continue reading

IIIº Congreso FeSP: novos retos, novas respostas

O SXG enviará tres delegados ao IIIº Congreso FeSP para participar alí nos debates e votacións xunto aos compañeiros e compañeiras dos outros seis sindicatos de xornalistas e informadores da federación. Ademais un delegado do SXG estará na Mesa de debate Medios comunitarios y cooperativos: Una demanda social y una salida laboral necesaria. e outra delegada tomará parte no Encontro de traballadores de medios públicos que se celebrará a maiores.

Programa do III Congreso Federal de sindicatos de periodistas
Madrid, 19-20 de outubro 2013

Continue reading

A AEDE deixa aos traballadores de prensa diaria aos pés dos cabalos

Os editores de xornais deixan a todos os traballadores do sector aos pés dos cabalos. Esa é a única maneira de resumir o resultado da comisión negociadora do IV Convenio Colectivo Estatal de Prensa Diaria, que tivo lugar a pasada semana entre a patronal AEDE (Asociación de Editores de Diarios Españoles) e os sindicatos máis representativos, Comisiones Obreras, UGT e a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia . Continue reading