Mobilizacións no Grupo La Capital por retrasos e impagos

Os traballadores do grupo xornalístico La Capital saíron hoxe 3 de novembro á rúa mobilizados en protestas diande das sedes dos seus xornais ante unha situación de importantes retrasos nos pagos de nóminas. En Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Deporte Campeón saen á rúa a pedir o que é seu.
Ademais estes traballadores veñen sufrindo recortes constantes nas súas nóminas e na plantilla desde xullo do pasado ano, encadeando EREs temporales e baixo unha ameaza de ERE extintivo a partir de xuño de 2015.
Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia solidarizámonos coas súas reivindicacións xustas e esiximos da empresa que cumpla cos traballadores do mesmo xeito que eles están a cumprir coa empresa nos seus postos de traballo e lles dean aqueilo que lles pertence por pleno dereito que son os seus soldos íntegros.
Ademais reclamamos un plan de viabilidade consensuado entre a empresa e os representantes dos traballadores para asegurar a viabilidade da mesma e o mantemento dos postos de traballo en condicións dignas.

Mobilizacións ante o Diario de Arousa



Comunicado de apoio ás Marchas da Dignidade

O Consello Directivo do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunido este sábado en Santiago, acorda facer público o apoio desta organización sindical profesional ás Marchas da Dignidade que hoxe están a chegar a Madrid así como a manifestación que percorrerá as rúas da capital do Estado. O Consello Directivo do SXG considera totalmente conveniente esta mobilización no momento actual e subscribe o manifesto que a motiva e que afirma que estamos vivindo unha “situación límite, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora á cidadanía e aos pobos”. O SXG móstrase en total acordo con ese manifesto que asegura que “están aproveitando a crise para recortar dereitos” e todo para que “a banca e os poderes económicos sigan tendo grandes beneficios a expensas das nosas vidas”.
“Non ao pago da débeda; nin un recorte máis; fóra os gobernos da Troika; pan, traballo e teito para todos e todas”
O Consello Directivo é o máximo órgano de goberno entre congresos do Sindicato de Xornalistas de Galicia. Nas súas reunións semestrais marca a axenda a seguir polo sindicato e a desenvolver pola executiva.


Chalecos para os xornalistas gráficos

Como parte dos servizos á afiliación o Sindicato de Xornalistas de Galicia comezara inmediatamente a repartir entre os afiliados e afiliadas que desempeñan labores de xornalismo gráfico chalecos identificadores co logotipo do sindicato e as palabras “PRENSA” colocadas en zonas visibles de tal xeito que poida ser de utilidade no traballo, sobre todo naquelas situacións nas que a integridade física dos/as xornalistas gráficos poida estar en risco, sobre todo cando traballen en escenarios conflitivos, tan frecuentes no momento social que vivimos actualmente. Continue reading

IIIº Congreso FeSP: novos retos, novas respostas

O SXG enviará tres delegados ao IIIº Congreso FeSP para participar alí nos debates e votacións xunto aos compañeiros e compañeiras dos outros seis sindicatos de xornalistas e informadores da federación. Ademais un delegado do SXG estará na Mesa de debate Medios comunitarios y cooperativos: Una demanda social y una salida laboral necesaria. e outra delegada tomará parte no Encontro de traballadores de medios públicos que se celebrará a maiores.

Programa do III Congreso Federal de sindicatos de periodistas
Madrid, 19-20 de outubro 2013

Continue reading

Desconvocada a folga en La Voz de Galicia

Quote

O Comité Intercentros de La Voz de Galicia fixo hoxe pública a seguinte comunicación:

O Comité Intercentros acordou desconvocar a folga que estaba prevista para mañá.

Durante o día de onte tiveron lugar dúas reunións coa empresa, unha pola mañá e outra pola tarde.

Para esta tarde está prevista outra reunión coa empresa.

O comité sigue buscando un acordo que garanta o mantemento do emprego actual.

Despois da reunión de esta tarde enviaremos un comunicado sobre a situación das negociacións.

 Sabón a 9 de xullo de 2013

 Comité Intercentros