En pé contra a ‘Lei Mordaza’

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) esixe aos novos concellos e gobernos autonómicos que garantan a democratización e independencia das televisións e radios públicas

Ante a entrada en vigor da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá o 1 de xullo, a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) reitara o seu rexeitamento a esta norma, que restrinxe dereitos fundamentais da cidadanía como o de reunión, manifestación e liberdade de expresión. Esta organización apoia as manifestacións que se van celebrar en toda España contra esta reforma lexislativa e fai un chamamento para asistir a elas. Continue reading

Nin precariedade nin manipulación

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) chama aos traballadores da comunicación a mobilizarse o 1 e o 3 de maio contra a precariedade no sector e polo dereito á información. Denuncia o concurso convocado polo Goberno para novas licenzas de TDT, porque está feito á medida dos grandes grupos e reforza o ‘bipartidismo’ mediático no lugar de fomentar un maior pluralismo.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) lamenta que, un ano máis, a cidadanía e os traballadores dos medios de comunicación non poden celebrar como correspondería o 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores, e o 3 de mario, Día Mundial da Liberdade de Prensa. Aos despidos masivos, a escandalosa precariedade no traballo e o peche de medios de comunicación hai que sumar o ataque á liberdade de expresión e información que supón a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá -coñecida como Lei Mordaza- e o paso que deu o Goberno a favor da concentración de medios: convocou un concurso público para adxudicar seis novas licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TCT) en aberto e de cobertura estatal ao que, presumiblemente, só poderán presentarse os grandes grupos audiovisuais que xa acaparan a maioría das canles. Continue reading

Non rotundo ao TTIP

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia nun comunicado as mobilizacións do 18 de abril contra o Tratado de Libre Comercio entre EEUU e Europa porque ameaza as liberdades civís.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia as mobilizacións convocadas para o sábado 18 de abril en ducias de cidades dun gran número de países para rexeitar o Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e Europa (TTIP, nas súas siglas en inglés) que se está a negociar cun total oscurantismo. A Xunta Executiva Federal da FeSP fai un chamamento aos traballadores dos medios de comunicación para que secunden estas convocatorias, porque este Tratado supón unha grave ameaza para liberdades e dereitos civís de todo tipo, tamén no ámbito da comunicación. Continue reading

A ‘Lei Mordaza’ debe ir ao lixo

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) rexeita coa máxima contundencia a detención do xornalista Jaime Alekos mentres cubría un desafuizamento en Madrid o pasado 27 de febreiro e a citación a xuízo da reporteira Alicia Armesto, acusada de «vexación inxusta» a un policía por difundir unha fotografía na que o axente ría mentre desaloxaban a outra familia da súa vivenda. Estes feitos confirman, unha vez máis, as críticas de moitas organizacións -incluída a FeSP- a varias reformas lexislativas impulsadas polo Goberno do Partido Popular en cuestións fundamentais nunha sociedade democrática. Continue reading