Asesoría legal

O SXG ofrece aos seus afiliados o servizo de asesoría e defensa xurídica co bufete de avogados Advocatum, de Santiago de Compostela.

Os afiliados reciben por correo electrónico o detalle das condicións do servizo legal. As consultas non teñen custe para as persoas afiliadas ao SXG, que terán tamén descontos nos actos de representación e outras tarefas legais.

Pódese contactar cos letrados no teléfono 981940041, polas tardes, no email avogados[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com ou consultando previamente coa Executiva.  A súa dirección Rúa Ponferrada, número 8, Entreplanta B, 15707, Santiago.