Afiliarse

Carné do Sindicato de XornalistasAS COTAS DE AFILIACIÓN

Adícanse a sufragar os servizos do SXG: asesoría xurídica, compra de material, local e xornadas de formación; entre outros.

Son progresivas, cadaquén paga segundo os seus ingresos

Están controladas e aprobadas polo Consello Directivo, formado por quince compañeiros elixidos na Asemblea Constituínte

A única forma de pagar as cotas do SXG é no banco, a través de domicialización bancaria, cun pago que se pasará desde o SXG cada seis meses.

Os actuais tramos das cotas son:

  • 12 euros por semestre. (Parados, bolseiros, estudantes e situacións de quebra
    financiera)
  • 20 euros por semestre (para ingresos até 720 euros)
  • 36 euros por semestre (para ingresos entre 720 e 1.100 euros)
  • 48 euros por semestre (para ingresos 1.100 e 1.500 euros)
  • 60 euros por semestre (para ingresos 1.500 euros)

Segundo ingresos netos. Dende a súa fundación en 2006, as cotas do SXG baixáronse para os que teñen menos ingresos e están conxeladas para o resto.

Todas as cotas sindicais descontan un 50% na declaración da Renda. Contactar co SXG no caso de necesitar certificado.

COMO ME AFILIO?

  1. Descarga a ficha_afilacion_2014 (PDF completable de xeito dixital ou en papel).
  2. Completa os datos.
  3. Remite a ficha, dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI por email (<afiliacion@sindicatodexornalistas.com>) ou por correo postal ao SXG.