Servizos

A base de datos completa dos servizos accesíbeis en toda España (hoteis, etc.) grazas a FeSP está dispoñíbel e actualizada en liña.

Resumo dos servizos aos que teñen dereito @S afiliad@s do SXG e aos que poden acceder presentando o seu carné:

  • Servizo de asesoría e defensa xurídica co bufete de avogados Advocatum, de Santiago de Compostela.
  • Carné da Federación Internacional de Periodistas (FIP), un dos documentos máis necesarios para os informadores en zonas de conflito. Contactar co SXG para conseguilo.
  • Air Berlin: desconto para os nosos afiliados e afiliadas do 50 por cento sobre a tarifa base en temporada baixa e do 25 por cento en temporada alta. Taxas aparte.
  • CentralBrokers: Seguros con cobertura especial para xornalistas, moi interesantes para freelances e periodistas á peza.
  • Regal Assurance: Os afiliados desfrutarán de maneira exclusiva de beneficios e vantaxes ao contratar o seu seguro en Regal Insurance Club. Desconto do 5 por cento aos afiliados. Bonificación de até o 65 por cento por boa conducción. Desconto especial do 5 por cento por pernoctación de vehículos en garaxe. Asistencia en estrada en todo o mundo.
  • AVIS: alugueiro de coches. Tarifas e condicións especiais.
  • ADESLAS: Seguro sanitario. Oferta especial aos afiliados/as.

Cómpre lembrar que as cotas do Sindicato descontan un 50% a hora de facer a declaración da Renda.

Para calquera consulta, contacte co Sindicato.