Unha sentencia xudicial declara improcedente o despido dunha xornalista, amparada polo SXG, e obriga á súa readmisión

A asesoría legal do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acada o seu segundo éxito xudicial o conquerir que unha sentencia declare improcedente o despido dunha xornalista que traballaba para unha publicación de Vigo.
Segundo o veredicto, a empresa propietaria da revista deberá readmitila ou ben indemnizala por 3.321 euros, ademáis de compensala polos salarios que deixou de percibir dende a data do seu despido.
A xornalista recurriu os servicios xurídicos do SXG tras ser despedida o pasado mes de decembro. A maxistrada do Xulgado do Social número catro de Vigo recolle na súa sentencia que a conducta da traballadora “non constitúe un despido procedente”. Según dicta o dictame, a negativa da xornalista a acatar as ordes da empresa débese “a unha diverxencia de opinións que resta gravidade a conducta”. “A actora manifesta a súa opinión sobre dita obligación, que entende choca frontalmente coa súa ética periodística”, asegura a sentencia en alusión ó comportamento da xornalista despedida.
Éste e o segundo éxito xudicial que logra o SXG dende a súa constitución o pasado mes de febreiro. O Sindicato de Xornalistas ten a disposición dos seus afiliados unha asesoria legal que atende gratuitamente calquer tipo consultas vinculadas coa situación laboral dos traballadores. Dende o SXG anímase ós profesionais da comunicación a denunciar as irregularidades e os abusos que sufran nas súas respectivas empresas para evitar que no futuro se sigan repetindo.

Comments are closed.