O SXG, presente na manifestación de sindicatos alternativos celebrada en Vigo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) participou na manifestación convocada polos sindicatos alternativos en Vigo, na que tamén estiveron presentes CUT, CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Traballadores e Traballadoras de Galicia (STEG) e Sindicato de Elevacións. Baixo o lema ‘Clase traballadora: organízate e loita’, a marcha percorreu as rúas de Vigo ata rematar na Porta do Sol coa lectura dun manifesto a cargo da actriz galega Mónica Caamaño. Máis de 4.000 persoas participaron nesta manifestación segundo a organización, 1.200 segundo a Policía Local.

Comments are closed.