O SXG anima a todos os traballadores do sector da Comunicación a participar nas manifestacións do 1º de Maio

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) anima a todos os traballadores do sector da Comunicación a participar activamente en calquera das manifestacións convocadas en toda Galicia con motivo do 1º de Maio, Día Internacional dos Traballadores.

Pola súa banda, o SXG estará presente na manifestación convocada polos sindicatos alternativos en Vigo, na que tamén participarán CUT, CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Traballadores e Traballadoras de Ensino de Galicia e Sindicato de Elevacións. Baixo o lema ‘Clase traballadora: organízate e loita’, a manifestación sairá ás 11 horas desde a Praza de Fernando o Católico e que rematará na Porta do Sol coa lectura dun manifesto a cargo da actriz galega Mónica Caamaño. O SXG anima a vestir as camisetas reivindicativas do sindicato tanto ao acudir ás manifestacións como no exercicio do traballo durante toda esta xornada.

Ao non haber unha manifestación unitaria, a central fai un chamamento a toda a súa afiliación a participar en calquera das convocatorias feitas para as principais localidades de Galicia. Os horarios das protestas son os seguintes:

Manifestacións convocadas pola CIG:

- A Coruña. Ás 12.00 horas desde a Praza de Vigo
- A Estrada. Ás 12.00 horas desde a Praza do Concello
- A Mariña. Ás 12.00 horas desde o local da CIG (Avenida Arcadio Pardiñas, 137)
- Ferrol. Ás 12.00 horas desde a Avenida de Esteiro.
- Lugo. Ás 12.00 horas desde a Ronda da Muralla.
- Ourense. Ás 12.00 horas desde o Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra. Ás 12.00 horas desde a Praza da Ferrería.
- Ribeira. Ás 12.00 horas desde a Praza do Peixe.
- Santiago. Ás 12.30 horas desde a Praza Roza.
- Vigo. Ás 11.30 horas desde o cruce da Doblada con Urzáiz.
- Vilagarcía. Ás 11.00 horas desde a Casa do Mar.

Manifestacións convocadas por CCOO e UGT:

- A Coruña, manifestación central. Ás 12.00 horas desde a Praza da Palloza.
- Ferrol. Ás 12.00 horas desde a Praza do Inferniño.
- Santiago de Compostela. Ás 12.00 horas desde a Alameda
- Lugo. Ás 12.30 horas desde a sede sindical na rolda da Muralla.
- Viveiro. Ás 12.00 horas desde a Casa Sindical.
- Ourense. Ás 11.30 horas desde o pavillón dos Remedios.
- Vilagarcía de Arousa. Ás 12.00 horas desde a Praza de Ravella.
- Pontevedra. Ás 12.00 horas desde a Praza da Peregrina.
- Vigo. Ás 11.30 horas desde o cruce de Vía Norte con Urzáiz.

Comments are closed.