O Sindicato apoia ós informadores que publicaron as caricaturas de Mahoma

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) respalda publicamente a tódolos profesionais que difundiron as caricaturas do profeta Mahoma nas ultimas semanas co fin de informar. O Sindicato condena as represarias que moitos destes xornalistas sufren por cumplir co seu traballo. Arrebatarlle os cidadáns a posibilidade de recibir unha información completa sobre un asunto tan de actualidade – como é o contido gráfico destes debuxos- constitúe un acto de censura.

Esta organización quere trasmitir especialmente a súa solidariedade ós profesionais que foron encarcelados, despedidos ou amenazados tras difundir as viñetas. Segundo Reporteiros Sen Fronteiras, hai alomenos sete encarcelados, doce procesados pola Xustiza e trece publicacións foron clausuradas.

Botarlle a culpa ó mensaxeiro

Estas represarias contribuiron a que finalmente triunfase a autocensura nos medios do noso entorno. O insuficiente respaldo –cando non a condena explícita da publicación- mostrado pola maioria dos dirixentes políticos axudou o establecemento do clima de autocensura. Noutras palabras, os dirixentes están optando por acusar ós medios de irresponsables no lugar de debatir sobre o contido dos debuxos.

A liberdade de expresión é requisito indispensable para vivir en democracia. O Sindicato respeta tódalas crenzas relixiosas, pero defende que ningún credo pode establecer límites sobre que é adecuado publicar.

Respeto ó Islam

A organización entende que é unha exaxeración inadecuada identificar a relixión islámica cos atentados terroristas perpetrados por radicais, como pode interpretarse a raíz dalgún dos debuxos.

Sen embargo, rexeitar os argumentos dalgunhas caricaturas non pode servir de excusa para censuralas. O resultado final é que se está privando ós cidadáns do seu dereito fundamental a recibir unha información completa sobre os feitos que afectan a nosa sociedade.

Comments are closed.