Os sindicatos de xornalistas rexeitan o desmantelamento das TV públicas que promove o PP

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia, rexeita con toda rotundidade o intento de desmantelar as televisións públicas autonómicas que pretenden os gobernos do PP. Os despedimentos anunciados en Telemadrid, Canle Nou e IB3 farán imposible que esas empresas poidan desenvolver o seu traballo en condicións minimamente aceptables e deixarán a porta aberta para a externalización da maioría dos programas. Cómpre lembra tamén que na CRTVG a dirección acaba de anunciar a súa intención de denunciar o convenio que regula as relacións dos traballadores do ente público galego.Despedimentos

Por outra banda, a Xunta Executiva Federal da FeSP, reunida este fin de semana en Madrid, expresa a súa solidariedade aos traballadores do diario El País, ante o escandaloso expediente de regulación de emprego co que esa empresa despediu 129 persoas, varios deles en Galicia, unha terceira parte do equipo, aplicándolles a reforma laboral nos seus termos máis duros: 20 días de indemnización por cada ano traballado cun límite de 12 mensualidades. Tamén nos solidarizamos cos despedidos en Marca, Expansión, Unidade Editorial, o Grupo Joly e outras empresas.

Estes despedimentos son unha proba máis de que as medidas de reforma do mercado laboral que aprobou o Goberno do PP, e as que puxo en marcha con anterioridade o do PSOE, non só non serviron para crear emprego senón que están a contribuír a que aumente o número de despedidos nos medios de comunicación porque agora lles resultan moito máis baratos ás empresas.

A FeSP -unha organización con 3.000 afiliados que representa a máis de 15.000 traballadores mediante os seus delegados e comités de empresa- reitera a súa preocupación polas actuacións violentas e irregulares dalgúns axentes de policía, en concentracións de protesta e manifestacións públicas, e reclama do Ministerio do Interior e das Consellarías correspondentes que investiguen eses casos e depuren todas as responsabilidades.

A recente detención dunha cámara de La Sexta en Sevilla e as agresións que sufriron informadores de medios como a emisora Radioactividad e a revista La Directa viñeron a sumarse co tempo lista de excesos dalgúns policías, o que se traduce nun claro ataque ao dereito á información da cidadanía porque impiden o traballo dos xornalistas. O caso da cámara de La Sexta Ana García demostra, ademais, de xeito ben clara a precariedade na que traballan moitos informadores e as prácticas irregulares que aplican as empresas: non está contratada, traballa como autónoma e non lle dan un carné do medio.

Comments are closed.