Os sindicatos convocan a todos os xornalistas á Folga Xeral o 14-N

Os sindicatos pertencentes ao Foro de Organizacións de Xornalistas –a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, a Agrupación Xeral de Xornalistas de UGT (AGP-UGT), Xornalistas de CCOO e Sindicat da Imatge (UPIFC)– chaman a todos os traballadores e traballadoras dos medios de comunicación a sumarse á xornada de Folga Xeral do próximo 14 de novembro.

Unha xornada que transcende o ámbeto do Estado dada a súa ensamblaxe coa «Folga Ibérica» -tamén a Confederación Xeral de Traballadores de Portugal chamou ese día a un paro nacional-, e a Xornada de Acción Europea convocada polo Comité Executivo da Confederación Europea de Sindicatos (CES) en coordinación cos sindicatos nacionais de todos os Estados membros.

Esta Folga Xeral ten un especial significado e clara xustificación para os xornalistas, xa que os recortes económicos levaron a moitos medios de comunicación á máis difícil situación económica que coñecesen, mentres que as reformas laborais deste Goberno facilitaron o despedimento masivo de traballadores dos medios de comunicación, a degradación insostible das remuneracións dos xornalistas free-lance e á peza, así como a extinción dunha morea destas colaboracións sen ningunha indemnización nin seguro de desemprego.

Por outro lado, é igualmente grave a involución democrática que vive o dereito á información da cidadanía, tanto pola política de liquidación e/ou externalización dos medios públicos como pola continuada represión dos profesionais do periodismo durante a súa cobertura de actos públicos e a ameaza de recortar o exercicio da liberdade de información xa expresada por membros do Goberno.

As e os xornalist@s dicimos:

  • Non á destrución de emprego no sector.
  • Non ás recortes salariais nos medios.
  • Non ao recorte na negociación colectiva.

E manifestámonos xunto ao resto de traballadores e traballadoras de todos os sectores:

  • Contra a crise que non provocamos.
  • Contra os recortes en sanidade, ensino e outros servizos sociais.
  • Contra a privatización dos medios públicos (autonómicos e locais) que acentúa a concentración do poder mediático e restan calidade informativa á cidadanía.

14N: Todos á Folga Xeral

Comments are closed.