Recomendacións para a folga nos medios de comunicación

O Sindicato de Xornalistas de Galicia, que participa na FeSP, publica unha breve sobre cando e como secundar o paro nos medios de comunicación.
* Prensa diaria e webs do mesmo medio máis as súas administracións respectivas: Paran dende as 7 horas (AM) do día 28 ás 7 horas (AM) do día 29. Á marxe das especialidades tómase esta decisión para non crear complicacións nestas empresas.
* Axencias, TR, radio e resto de empresas xornalísticas: paran o día 29 dende a 00 horas ata as 24 horas.
*Servizos mínimos: Non son aplicables aos medios privados.
Estes só son esixibles aos servizos informativos dos medios públicos, para satisfacer o dereito cidadán á información.
Os traballadores do resto da programación non ten que aceptalos.
*Os servizos mínimos nos servizos informativos públicos deben ser negociados coa empresa polo Comité de Folga ou os representantes dos traballadores; para impedir que estas impoñan o seu criterio.
Dúas propostas posibles:
-Pactar a concorrencia dun mínimo do equipo de informativos (en torno ao 15%); incluíndo nisto tanto xornalistas como persoal técnico.
- Reducir os informativos a só dous servizos diarios (mediodía e noite) cunha redución do espazo non menor ao 50%; esixir que se informe de xeito obxectivo da folga e que se indique en antena ou mediante texto que esa redución do servizo se debe ao seguimento da folga.
* Se a empresa apela a subterfuxios de calquera natureza para disimular ese seguimento, está a atentar contra o dereito de folga e é denunciable; para o cal é imprescindible documentar esa actuación.
* Os piquetes informativos á entrada das empresas son lexítimos e non son coactivos se se limitan a informar ou distribuír material informativo sen obstaculizar o tránsito por esa vía.
* Non hai obriga de comunicar á empresa que se vai facer folga. A folga é un dereito recoñecido, quen non concorre a traballar respondendo á súa convocatoria está a cumprir coa legalidade.
Xunta Executiva Federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas -FeSP

Comments are closed.