O SXG PARTICIPOU ESTA FIN DE SEMANA EN XIXÓN NA IV CONVENCIÓN DO FORO DE ORGANIZACIONES DE PERIODISTAS

A IV convención do Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP) de España, celebrada esta fin de semana en Xixón, concluiu cun claro apoio ao proxecto de Estatuto del Periodista Profesional (EPP) neste momento en fase de debate no Parlamento español.
Nesta convención, na que se deron cita uns 200 profesionais dos medios de comunicación de todo o Estado, tamén participou unha delegación do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).
Ao igual que o resto de organizacións do Foro, dende o SXG defendemos a necesidade dun Estatuto que regule a profesión –España é o único Estado da Unión Europea que aínda non conta con el- e apoiamos o proxecto que se está a debater neste momento no parlamento en canto que supón un refozamento dos dereitos dos xornalistas. Así, por exemplo, o Estatuto obriga ás empresas á recoñecer unha relación laboral cos colaboradores, desarrolla o dereito á cláusula de conciencia ou ao secreto profesional. En definitiva, entendemos que a absoluta desregulación na que se atopa a profesión neste momento é o campo abonado para que as empresas continúen coas práctivas abusivas sobre os traballadores.
Tras a Convención, o FOP difundirá masivamente os obxectivos do EPP e dirixirase aos xornalistas , aos medios de comunicación, á ciudadanía e aos grupos parlamentarios para defender a necesidade da súa aprobación e contrarrestar así a campaña de presión que están lanzando na súa contra varias empresas da comunicación.
Asemade, tanto desde o Foro como desde o SXG entedemos que o EPP debe complementarse cunha Lei de Dereitos Laborais dosXornalistas. Esta lei permitiría loitar contra a crecente precariedade laboral da profesión, unha situación que, segundo os datos aportados na Convención, afecta a máis do 40 por cento dos traballadores do sector.

Outras resolucións

Por outra parte, a IV Convención do Foro de Xornalistas de España adoptou outras resolucións como un chamamento á loita contra a discriminación da muller nos medios de comunicación, a defensa dos medios de comunicación públicos ou unha resolución de apoio aos traballadores de TeleMadrid, enfrontados ás coaccións e intentos de manipulación da actual dirección que preside Manuel Soriano.
Por último, a convención tamén aprobou por unanimidade incorporar como “socio de honor” do FOP ao ex secretario xeral da FAPE, José María Torre Cervigón.
O Foro de Organizacións de Periodistas, que se reúne cada dous anos, está formado pola Federación de Sindicatos de Periodistas (Fesp) –na que está integrado o Sindicato de Xornalistas de Galicia-; os sindicatos UGT e CC.OO.; e os colexios profesionais de xornalistas de Galicia e de Cataluña.

Comments are closed.