A dirección da CRTVG comunicalle a finalización do contrato a máis de 100 traballadores

O Comité pide que se renoven os contratos até o nomeamento da nova dirección

Nos últimas días, máis de 100 empregados da CRTVG, algúns cunha antigüidade superior aos 14 anos de relación laboral coa empresa, están recibindo as cartas de finalización de contrato e nos próximos días, o persoal contratado a través de ETTs estarán na mesma situación. A demora por parte do novo goberno no nomeamento do novo equipo directivo da CRTVG está a provocar, segundo fontes do comité interempresas, unha situación de interinidade "difícil de soster", tanto a nivel laboral como no desenvolvemento habitual das funcións encargadas aos traballadores.

Nova publicada en Vierios

Comments are closed.