A Xunta “aínda non ten o criterio” para nomear xefe na CRTVG

"Non está formado o criterio que permita efectuar esa proposta. Espero que en breve estea ese criterio formado e polo tanto se poida producir o nomeamento", aclarou.

Preguntado sobre as previsións temporais deste nomeamento, indicou que lle gustaría que fose "canto antes". "Confío en que sexa breve, gustaríame. Pero todo nomeamento esixe a formación dun criterio", concluíu.

De feito o Comité da Compañía de Radio Televisión de Galicia solicitoulle á Xunta a remuda da actual dirección do ente e manifestou a súa preocupación pola situación de "desgoberno" que vive a compañía.

O presidente do Comité, Raimundo Méndez, explicou que os traballadores se senten "ameazados" pola actual indefinición dos medios públicos.

Comments are closed.