NOTA ACLARATORIA: O SINDICATO DE XORNALISTAS DE GALICIA EN CONTRA DE QUE PRENSA IBÉRICA PECHE DOUS XORNAIS EN PORTUGAL

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica a suspensión da publicación que o grupo Prensa Ibérica acaba de aplicar ós xornais portugueses “O Comércio do Porto” e “A Capital”. Asemade, o SXG solidarízase cos máis de 150 profesionais destes periódicos que poden quedar sen traballo nos próximos días.

O SXG informa que está traballando canda o Sindicato dos Jornalistas (SJ) de Portugal e a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) para informar ós comités de empresa dos numerosos xornais de Prensa Ibérica da actuación deste grupo editorial en Portugal e consensuar medidas de protesta.

O xornal máis antigo de Europa en perigo

A desaparición destas dúas cabeceiras portuguesas suporía un serio revés para a pluraridade informativa en Portugal, ademais de significar a morte do xornal máis antiguo de Europa, "O Comércio de Porto".

Para respetar o gran esforzo que os traballadores de ámbalas redaccións están a facer para sacar adiante os seus xornais, o SXG solicita a Prensa Ibérica —que edita en Galicia "Faro de Vigo" e "La Opinión de A Coruña e é un dos grupos empresariais máis importantes da prensa local na península— que reanude a publicación de "O Comércio do Porto" e "A Capital" mentres prosiguen as negociacións cos inversores interesados e se tenta acadar unha saída viable economicamente para estes dous xornais.

Segundo datos da Associação Portuguesa para o Controlo de Tiragens, as vendas de “A Capital” , editado en Lisboa, alcanzaron os 3.422 exemplares diarios no primeiro trimestre de 2005, mentres “O Comércio do Porto” vendía 3.794 exemplares cada día no mesmo periodo. Pódese ampliar a información sobre este conflicto laboral na web do SJ.

Comments are closed.