Fracasa o primeiro apagón analóxico

HAI MÁIS DE 1.600 EMPREGOS EN XOGO

Segundo informa A Nosa Terra Diaro, a Presidencia do Goberno Galego non ten intención, polo de agora, de forzar o peche desas cadeas. De feito, a Xunta recoñece que estas televisións quedan en situación de "alegalidade".

A Xunta espera a que as 46 TDT locais comecen a emitir para considerar o futuro das emisoras que ficaron sen licencia. En todo caso, varias destas emisoaras recorreron a Xustiza a polémica concesión das licencias.

En todo caso, cómpre lembrar que as adxudicatarias seleccionadas pola Xunta compremetéronse a crear máis de 1.600 empregos entre todas. O apagón analóxico final está estipulado para comezos de 2010.

Comments are closed.