Recurirán a condena por publicar a caricatura dos príncipes en El Jueves

O PREITO PODE CHEGAR A ESTRASBURGO

Un xuíz da Audiencia Nacional declaroulles culpables de atentar contra o prestixio da Coroa, xa que a caricatura era "inxuriosa" para o príncipe herdeiro e a súa esposa. Pero rebaixou a pena requirida polo fiscal, unha multa de 6.000 euros cada un, e impuxo unha de 3.000 euros.

O avogado dos condenados anunciou que recorrerá e que se é necesario acudirá á Corte Europea de Xustiza (CEJ) de Estrasburgo (Francia).

O 20 de xullo, a Xustiza ordenou secuestrar a publicación debido á difusión dese debuxo, que tiña a intención de burlarse da política do Goberno de incentivar os nacementos cunha axuda mensual de 2.500 euros. Ese secuestro foi criticado amplamente pola prensa e a clase política.

O fiscal, pola súa banda, baseouse no artigo 490.3 do Código Penal, que prevé ata dous anos de prisión para aqueles que calumnien ou insulten ao Rei ou a calquera dos seus ascendentes ou descendentes.

Comments are closed.