Xornadas de Formación Laboral o día 9 de xuño en Vigo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) organiza o sábado día 9 de xuño unha nova xornada de Formación Laboral para os traballadores do sector da comunicación. O principal relator será Fabián Nevado, Secretario de Acción Sindical do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC), e experto en relación laborais.

Os dereitos dos traballadores, as negociacións coas empresas e as eleccións sindicais son algúns dos puntos que se abordarán neste curso

A xornada terá lugar en Vigo, no Centro Social Caixanova a partir das 10:30 horas e ata as 14 horas. Pola tarde realizarase entre 16 e 18:30 horas.

Comments are closed.