Aberto o prazo de votacións para o Premio de Xornalismo Literario Aelg 2007

ORGANIZADO POLO CPXG E A ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

Os profesionais que optan ó premio á mellor traxectoria xornalística do ano son os seguintes: Antón Lopo, Alfredo Conde, Bieito Iglesias, Gustavo Luca de Tena, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Xan Carballa, Xesús Fraga e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) poderán votar aos candidatos ata o 12 de abril ás 20 horas a través da intranet deste ente.

Outra nova categoría que se establece este ano nestes galardos é a do premio de Literatura Infantil e Xuvenil. Esta categoría súmae ós galardóns de Teatro, Narrativa, Poesía, Ensaio e Traducción, que xa existían antes.

Comments are closed.