O SXG publica unha mostra do mellor do fotoxornalismo galego en 2006

Unha mostra das mellores fotografías publicadas na prensa galega en 2006 acaba de ser publicada polo Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG). Estes traballos ilustran un calendario que o SXG comezou a distribuír de xeito gratuíto nos pasados días. As fotografías reflicten algúns dos feitos máis relevantes do pasado ano, como, por exemplo, a crise dos incendios ou a Copa do Mundo de Vela.

A calidade e capacidade de impacto destas imaxes é unha proba da utilidade do fotoxornalismo para transmitir información aos cidadáns.

Os problemas de ser fotoxornalista en Galicia
O Sindicato quere agradecer publicamente a contribución desinteresada dos autores. Todos eles pertencen a un gremio -o dos reporteiros gráficos- que a miúdo ten que traballar en condicións moi precarias. A pesar da importancia da súa labor, as colaboracións como falsos autónomos, as vulneracións dos dereitos de autor e as agresións durante a cobertura de actos son, desgraciadamente, situacións que moitos fotoxornalistas galegos teñen sufrido na súa pel.
O listado completo de obras incluídas no calendario 2007 do SXG é o seguinte:

  • Óscar Vázquez: Incendio dun edificio abandonado en Vigo, La Voz de Galicia
  • José Lores: Rescate dun surfeiro nas augas de Baiona, Faro de Vigo
  • Sandra Alonso: Tabaco por flor, La Voz de Galicia
  • Miguel Vidal: Gustavo López e Lequi celebran un gol en Balaídos, Reuters
  • Miguel Núñez: Curro de Mougás, Faro de Vigo
  • Miguel Muñiz: Peregrinos minusválidos a súa chegada á Catedral de Santiago, ABC
  • Eduardo Pérez: Terceiro encontro anual de xordocegos en Gandarío, La Voz de Galicia
  • Salvador Sas: O líder do PPdG, Núñez Feijoo, na extinción dun dos lumes que castigaron Galicia o pasado verán, Axencia Efe
  • Gustavo Rivas: Muller desesperada ante o avance do lume, La Voz de Galicia
  • Carmen Villar: Peregrino descansando a súa chegada a Compostela, Faro de Vigo
  • Ricardo Grobas: Saída da Volta ao mundo a Vela dende a Ría de Vigo, Faro de Vigo
  • Pablo Martínez: Gony Zubizarreta na Praia de Patos un días antes do Nadal, Freelance

Aqueles profesionais interesados en recibir un exemplar desta publicación poden contactar co SXG a través da web. Ademais, a organización está a distribuír lotes de calendarios entre os seus afiliados.

Comments are closed.