A FeSP rexeita a acusación de EEUU contra un xornalista

Pide ao ministro de Asuntos Exteriores que esixa unha aclaración urxente da acusación de «actividades terroristas» pola que lle denegaron o visado a Manuel Martorell.

Nun comunicaco emitido hoxe pola súa Xunta Executiva Federal, a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) condena e rexeita a actitude do Goberno de Estados Unidos, xa que o Departamento de Estado acaba de denegar o visado ao xornalista español Manuel Martorrel, do dixital cuartopoder.es, para viaxar a ese país coa súa familia en vacacións.

Unha funcionaria do consulado estadounidense en Madrid comunicoulle persoalmente que non podían concederlle o visado porque o seu nome e os dous apelidos coinciden cos dun cidadán de Ecuador que ten causas xudiciais pendentes en EEUU, país que Martorell non ten visitado xamais. Días despois, contrariamente a esta explicación, a vice cónsul, Julie P. Akey, comunicoulle por carta que lle negaban o visado porque o relacionan con «actividades terroristas», sen explicar en que fundamentan tan grave acusación.

Manuel Martorell é un xornalista con máis de 30 anos de experiencia profesional, que en 1989 formou parte do equipo fundacional do diario El Mundo, onde traballou ata 2001 e foi xefe das seccións de Nacional e Internacional e redactor xefe. Tamén é historiador, especializado no problema do pobo kurdo sobre o que ten escrito varios libros, artigos e guións para documentais de televisión, ademais de participar en congresos e actos culturais e divulgativos.

A FeSP amosa a súa solidariedade con Manuel Martorell e pide ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, que esixa a Estados Unidos unha aclaración urxente do ocorrido e a retirada desas acusacións de todos os seus arquivos, para paliar no posible as graves consecuencias que teñen para o xornalista e que este poida viaxar a EEUU cando queira.

Junta Ejecutiva Federal de la Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP)

La FeSP rechaza la acusación de EEUU contra un periodista.


Comments are closed.