Á folga as cabeceiras da Editorial La Capital

Os traballadores do Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños irán á folga indefinida a partir do 2 de setembro. Adéudanlles os salarios de xuño e xullo e esixen un plan de viabilidade.

O persoal da Editorial La Capital anunciou a convocatoria dunha folga indefinida cunha duración inicial de 48 horas nos xornais Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños a partir das 00.00 horas do vindeiro día 2 de setembro.

Os traballadores, que reclaman un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, levan continuados atrasos no abono dos salarios desde 2014 e, a día de hoxe, se lles deben as mensualidades dos pasados meses de xuño e xuñño e o 50% da paga de decembro de 2014. Ademais, a empresa está acometendo reduccións no cadro de traballadores que poñen en perigo a continuidade desas cabeceiras.

Dende o Sindicato de Xornalistas de Galicia, igual que dende a Federación de Sindicatos de Periodistas e do Colexio de Xornalistas de Galicia, ínstase a empresa a reconsiderar os despedimentos, a facer os esforzos necesarios para pagar as cantidades debidas aos seus traballadores e a adoptar medidas que permitan a viabilidade das cabeceiras sen máis despedimentos e con condicións dignas para os seus traballadores.

Van a la huelga las cabeceras de La Capital.


Comments are closed.