En pé contra a ‘Lei Mordaza’

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) esixe aos novos concellos e gobernos autonómicos que garantan a democratización e independencia das televisións e radios públicas

Ante a entrada en vigor da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá o 1 de xullo, a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) reitara o seu rexeitamento a esta norma, que restrinxe dereitos fundamentais da cidadanía como o de reunión, manifestación e liberdade de expresión. Esta organización apoia as manifestacións que se van celebrar en toda España contra esta reforma lexislativa e fai un chamamento para asistir a elas.

O Goberno e o PP empecináronse en sacar adiante esta lei en solitario, co rexeitamento da oposición -que a ten recurrido ante o Tribunal Constitucional-, o Consejo General de la Abogacía e colectivos cidadás da máis diversa condición. Todos eles coinciden en que era innecesaria, polo que a única razón que xustifica a súa aprobación é que con ela queren reprimir as protestas da cidadanía contra os recortes que ten aprobado o Executivo durante os últimos anos.

A Junta Ejecutiva Federal da FeSP, reunida esta fin de semana en Madrid, tamén acordou pedir aos novos concellos e gobernos autonómicos que se comprometan a garantir o dereito á información e á comunicación da cidadanía, un dereito constitucional e universal que están obrigados a defender. Isto implica que adopten as medidas necesarias para democratizar e asegurar a independencia das radios e televisións públicas, tanto de ámbito autonómico como local, entre outras a creación de Consellos da Información, e que cumpran os compromisos que algúns adquiriron antes das eleccións con sindicatos da FeSP e colectivos ciudadáns.

A FeSP expresa o seu apoio ás campañas que teñen emprendido a Federación Europea de Periodistas (FEP) na defensa dos dereitos de autoría dos xornalistas e para reclamar a igualdade de dereitos laborais entre os informadores que forman parte dos cadros de persoal das empresas e os que son xornalistas á peza (freelances). Esta organización federal tamén respalda as accións que leva a cabo a FEP contra o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP) entre a Unión Europea e Estados Unidos, que se está a negociar con absoluta opacidade.

A FeSP constata, unha vez máis, a necesidade de que existan sindicatos como os que integran esta organización federal, imprescindibles tanto para mellorar as condicións laborais e profesionais dos traballadores como para denunciar en España e en Europa casos como o do xornalista Javier García Angosto, de Melilla. O pasado 25 de xuño, este profesional foi golpeado brutalmente por dous individuos ata quedar semiinconsciente, tras informar de presuntas irregularidades nunha concesión municipal.

Xunta Executiva Federal da FeSP

En pie contra la ‘Ley Mordaza’.


Comments are closed.