A FeSP pide unha rectificación á Defensora del Pueblo

Agustín Yanel, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Periodistas, asina unha carta para pedir que Becerril rectifique as declaracións nas que asegura que os informadores deben de vestir un chaleco branco nas manifestacións, cando é algo voluntario e so se facilita aos afiliados dunha asociación, e quenes non o empregan se poñen «nunha situación de risco».

A Federación de Sindicatos de Periodistas solicitou á institución do Defensor del Pueblo que rectifique a resposta que lle deu ao Movemento polos Dereitos Civís, na que indicaba que os xornalistas que non van ás manifestacións identificados cun peto de cor branco coa inscrición «prensa», a modo de chaleco, estanse a pór «nunha situación de risco neste tipo de eventos».

Ese colectivo galego presentou unha queixa ante a Defensora del Pueblo pola actuación dalgúns axentes de policía durante a protesta convocada o pasado 29 de marzo en Madrid, que non foi comunicada previamente á Delegación do Goberno.

No escrito de resposta a esa queixa cítase no convenio de colaboración suscrito en marzo de 2011 entre o Ministerio de Interior e a Federacións de Asociaciónes de Periodistas de España (Fape), no que se establece que, en manifestacións na rúa, os xornalistas e fotoxornalistas «poderán, de xeito voluntario, portar un distintivo tipo chaleco».

A Defensora del Pueblo indica no seu escrito que nas imaxes dos feitos que denunciou o citado Movemento polos Dereitos Civís vese a persons que non levan ningunha prenda que as identifique como xornalistas, polo que eles mesmos se sitúan «nunha situación de risco».

De aí deduce que na intervención policial naquela manifestación «non cabe entender que existira unha actuación policial incorrecta», co que dá por feito que o chaleco branco é de uso obrigatorio para todos os periodistas, cando o citado convenio indica claramente que é de carácter voluntario e, ademais, só se lle facilita aos afiliados á asociación que o suscribiu co ministerio.

A FeSP transmitiu a súa sorpresa e preocupación á Defensora del Pueblo, porque con esa resposta asume que esos xornalistas poden ser reprimidos no seu traballo, aínda que non tiveran cometido unha falta ou delito, simplemente por acudir a informar dunha manifestación e non levar un peto branco que non é obrigatorio legalmente.

A FeSP pediu á Defensora del Pueblo que rectifique a súa resposta, porque non se axusta á legalidade, e continúe tramitando a queixa que plantexou o Movemento polos Dereitos Civís.

O texto da carta:

Na Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) tivemos coñecemento da resposta dada pola institución que vostede representa á portavoz do Movemento Polos Dereitos Civís, con número de expediente 14006881 e data de saída 23 de octubre de 2014. Nese escrito inclúense algunhas afirmacións inexactas, o que leva ao Defensor del Pueblo a redactar una contestación que, nalgúns párrafos, consideramos atentatoria contra a liberdade de expresión e principios elementais dos Derechos Humanos.

Esa resposta -asinada pola súa adxunta segunda, doña Concepció Ferrer i Casals- susténtase na contestación dada á súa consulta pola Dirección Xeral da Policía que, na súa parte esencial, non se axusta á realidade da situación legal nesta materia.

O convenio de colaboración ao que fai referencia a DireccióN Xeral da Policía, asinado en marzo de 2011 entre o Ministerio del Interior e a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), non obriga aos xornalistas ou fotoxornalistas a utilizar o chaleco que se menciona para identificarse. No seu artigo primeiro especifica que os informadores «poderán, de xeito voluntario, portar un distintivo tipo chaleco».

Ademais, a entidad asinante dese convenio non é a “representante deste sector”, como se afirma na súa resposta. Esa organización só representa aos seus asociados, que son os únicos que poden obter o chaleco, unha prenda que non facilita aos profesionais non asociados a ela. É unha das diversas organizacións profesionais e sindicais que existen no sector xornalístico español e boa parte da profesión periodística non pertenece a ningunha delas. Non existe unha organización única que ostente a representación de todos os xornalistas e fotoxornalistas.

Consideramos moi grave que, na súa resposta, a institución do Defensor del Pueblo non tivera en conta as sentenzas xudiciais que recoñecen o pleno dereito de calquera cidadán a fotografiar ou gravar imaxes de actos públicos e difundilas, incluíndo as actuacións dos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou das comunidades autónomas.

Consideramos que atenta contra dereitos da cidadanía garantidos na Constitución española o párrafo da mencionada resposta no que o Defensor del Pueblo indica: «Contrariamente a esa recomendación, nas imaxes pode observarse a determinadas persoas que no momento de producirse a intervención policial non portan prenda algunha alusiva á súa condición de informador. O incumprimento deeste tipo de recomendacións polos propios profesionais implicados colócaos nunha situación de risco neste tipo de situacións, polo que non cabe entender que existira unha actuaciñon policial incorrecta se non se adoptan as medidas pertinentes acodadas mediante o citado convenio».

Desas afirmacións despréndese que, aínda que eses informadores no tiveran cometido unha falta ou delito, poden ser reprimidos no desenvolvemento da súa labor profesional por non empregar unha prenda de identificación que legalmente non están obrigados a levar.

Desde a FeSP permitímonos recordarlle á institución do Defensor del Pueblo o informe elaborado pola Representante sobre Liberdade de Medios da Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa (OSCE), Dunja Mijatovic, referido aos feitos ocorridos o 29 de marzo de 2014 en Madrid, que é suficientemente ilustrativo respecto da acción policial.

Por todo o anterior, a Xunta Executiva Federal da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) solicita á Defensora del Pueblo a rectificación urxente da resposta dada no expediente citado e que continúe a tramitación da queixa interposta polo Movemento Polos Dereitos Civís, porque consideramos que é de xustiza e acorde coa súa obriga de “defender os dereitos fundamentais e as liberdades públicas dos cidadáns mediante a supervisión da actividade das administracións públicas.”

Firma a carta Agustín Yanel, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP)

La FeSP pide una rectificación a la Defensora del Pueblo.


Comments are closed.