A FeSP condena o secuestro do fotografo Emilio Morenatti

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) condena o secuestro do fotógrafo Emilio Morenatti, que traballa para a axencia Associated Press, perpetrado esta mañá na franxa de Gaza mentres realizaba o seu traballo. A FeSP solidarízase coa súa familia e denuncia este novo atentado contra os dereitos humanos.

O secuestro de Emilio Morenatti -que fai o número 13 dos xornalistas secuestrados nesa zona nos últimos cinco anos- supón un novo e inxustificado ataque á profesión xornalística, o que significa un atentado directo contra o dereito da cidadanía a recibir información. A FeSP pide ó Goberno español que axilice as xestións que está a levar a cabo desde o primeiro momento para lograr a liberdade deste fotógrafo e que traballe, xunto á Autoridade Nacional Palestina, para garantir a seguridade dos profesionais da información que desenvolven a súa tarefa nesa zona.

24/10/2006

Comments are closed.