O SXG estrea a súa primeira páxina web: sindicatodexornalistas.org

Informa do apoio dos sindicatos de periodistas de seis autonomías á folga na CRTVG e recollerá convenios colectivos

16 de xuño.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), recentemente constuítuido, lanza a primeira versión da súa web: sindicatodexornalistas.org. Este portal recolle as últimas novas da actualidade laboral no mundo da comunicación en Galicia e no exterior. Así, por exemplo, da conta do respaldo da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) ás movilizacións que se están a desenvolver na Compañía da Radio Televisión de Galicia.

O SXG entra na Federación de Sindicatos de Periodistas

A Federación respaldou a folga nos medios públicos galegos a petición do SXG durante a I Asamblea da FeSP, celebrada en Madrid o 28 de maio. Foi precisamente nesta Asamblea cando o SXG entrou formalmente na FeSP.

O ingreso do SXG na Federación axudará ós traballadores galegos da comunicación a loitar con máis medios contra precariedade laboral. Por exemplo, os traballadores da CRTVG que se movilizaron contan coa solidariedade expresa do o Sindicat de Periodistes de Catalunya, o Sindicato de Periodistas de Madrid, o Sindicato de Periodistas de Andalucía, o Sindicat de Periodistas de les Illes Balears, o Sindicato de Profesionales de la Información de La Rioja e Sindicato de Profesionales de la Comunicación de Canarias. Estas organizacións integradas na FeSP reúnen a preto de 2.000 afiliados en España.

Agora, a Executiva do SXG presenta a primeira versión páxina en Internet, aínda en construción, co fin de reforzar a súa actual campaña de afiliación. A ficha de afiliación ó Sindicato pode descargarse na web, por exemplo. Nos próximos días a web incorporará os convenios colectivos ( e as correspondentes táboas salariais) de varios medios de comunicación galegos.

O SXG celebrou a súa Asamblea Constituínte o 27 de febreiro en Santiago de Compostela. A organización naceu para loitar contra a precariedade laboral e defender os dereitos de tódolos os traballadores da comunicación en Galicia, incluidos reporteiros gráficos, cámaras, infografistas e outros profesionais.

Comments are closed.