«Non hai liberdade de información sen pluralismo»

Con motivo das próximas eleccións europeas, facemos un chamamento a todos os candidatos a comprometerse “pola recuperación da liberdade e o pluralismo dos medios en Europa”.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) (á que pertence o Sindicato de Xornalistas de Galicia), respaldando a iniciativa da Federación Europea de Periodistas (FEP), está facendo chegar a todos os candidatos españois ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio o “Manifesto dos xornalistas”.

Neste documento elaborado desde o Consello Directivo da FEP, onde a FeSP está representada, faise un chamamento a todos os candidatos a comprometerse con este manifesto “pola recuperación da liberdade e o pluralismo dos medios en Europa”.

Nel sostense que «Non hai democracia en Europa sen a independencia dos xornalistas. Non hai liberdade de información sen pluralismo” e esíxese aos futuros eurodiputados que teñan en conta estas dez condicións esenciais en toda sociedad democrática:

1. Non hai democracia sen independencia dos xornalistas.
2. Non hai liberdade de prensa sen pluralismo informativo.
3. Non hai democracia sen dereitos sindicais.
4. Non hai liberdade dos xornalistas sen respecto aos dereitos de autoría.
5. Non hai xornalismo de calidade sen respecto das condicións laborais.
6. O xornalismo é un ben público.
7. Non hai liberdade de prensa sen transparencia.
8. Defender o futuro do xornalismo.
9. Non hai prensa libre sen seguridade para os xornalistas.
10. O xornalismo ético, garante dunha información crible.

Manifesto FEP eleccións Europa 2014

“No hay libertad de información sin pluralismo”.


Comments are closed.