O SXG quere transmitir o seu máis sentido pésame tras o accidente de tren de Santiago de Compostela

O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere transmitir as súas condolencias e solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario ocorrido este 24 de xullo nas inmediacións da estación de Santiago de Compostela, así como amosar todo o seu apoio aos familiares de feridos e falecidos.

Nun momento tan complicado, o SXG quere agradecer a entrega e esforzo de todos os traballadores dos medios de comunicación para transmitir dende o primeiro momento a máxima información posible á cidadanía, desenvolvendo o seu labor nunhas condicións humanas tan duras.

Ademais, o SXG lembra que se trata dunha nova sumamente delicada que esixe a todos os traballadores e traballadoras poñer a súa máxima sensibilidade en cada unha das informacións que se elaboren e publiquen.

Comments are closed.