Detectan erros nas listas para contratar persoal na CRTVG

Consideran as listas unha "chapuza"

Galicia Hoxe informa que A primeira sorpresa desagradable para os interesados foi o prazo para presentar reclamacións. Un prazo de cinco días, que se iniciou o sábado, cando a sección de Recursos Humanos ten pechadas as súas portas.

O presidente do Comité de Empresa e representante de UXT, Raimundo Méndez, confirma a existencia dalgúns erros, como non puntuar a licenciatura nalgunhas categorías. Méndez asegura que "todo ten solución" e pide ante todo "boa vontade por parte de todos". Ademais asegura que esta mesma semana se vai convocar unha Comisión Paritaria Extraordinaria para tratar os temas discrepantes. O representante de UXT quere mandar unha mensaxe de tranquilidade e lembra que hai un período de reclamacións polo que pide que "non se demonice a cuestión".

Comments are closed.