El Progreso de Lugo bota aos seus traballadores á rúa dun xeito inxustificadamente cruel

Escudado nas perdas económicas do último exercicio, o grupo editorial El Progreso despedía onte a 10 traballadoras e traballadores da súa plantilla, algúns deles con 30 anos na empresa ou a piques de poder acollerse á xubilación anticipada. O Sindicato de Xornalistas de Galicia non só lamenta os novos despedimentos, senón as formas da empresa para levalos a cabo.

Continue reading

Os traballadores e traballadoras de La Voz aceptan o preacordo asinado coa empresa

O acordo foi aprobado polo 52% da plantilla, o que supuxo o 57% do total dos votantes, mentres que un tercio do total dos traballadores e traballadoras de La Voz de Galicia amosouse claramente en contra das medidas que contempla este preacordo. Dos 327 empregados con dereito a voto, 295 acudiron ás urnas, dos que 171 votaron a favor, 108 en contra e 16 en branco. Eran necesarios 164 votos para aprobar o acordo

Continue reading

Desconvocada a folga en La Voz de Galicia

Quote

O Comité Intercentros de La Voz de Galicia fixo hoxe pública a seguinte comunicación:

O Comité Intercentros acordou desconvocar a folga que estaba prevista para mañá.

Durante o día de onte tiveron lugar dúas reunións coa empresa, unha pola mañá e outra pola tarde.

Para esta tarde está prevista outra reunión coa empresa.

O comité sigue buscando un acordo que garanta o mantemento do emprego actual.

Despois da reunión de esta tarde enviaremos un comunicado sobre a situación das negociacións.

 Sabón a 9 de xullo de 2013

 Comité Intercentros

 

O SXG insta á Xunta a traballar para encher o oco que deixa Popular TV Galicia cun novo proxecto que cree postos de traballo dignos e estables

A imposibilidade económica de manter o proxecto levou á xunta de accionistas de Popular TV Galicia a decidir o peche da delegación autonómica o 31 de xullo, o que deixará na rúa a unha vintena de profesionais, entre traballadores contratados e colaboradores. Unha situación que o Sindicato de Xornalistas de Galicia lamenta profundamente pola perda de empregos que leva acarrexada, sobre todo nun momento tan delicado para os traballadores dos medios de comunicación galegos.

Continue reading