Folga nos medios do grupo Editorial La Capital

O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa o seu total apoio aos traballadores e traballadoras do grupo empresarial Editorial La Capital, que este venres 23 de xaneiro levarán a cabo unha xornada de folga e concentracións en distintas cidades de Galicia para reclamar cambios na empresa, como a regularización no abono das nóminas ou o pagamento das débedas pendentes. Continue reading

Ábrese a inscrición para o V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ de ACPP e Agareso


A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) acaban de abrir o prazo para inscribirse na quinta edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. O curso inclúe unha expedición a Marrocos onde dúas das participantes traballarán con organizacións locais.. Continue reading

Total respaldo do SXG á xornalista Leticia Vilar ante os ataques do grupo provincial do PP de Lugo á súa situación laboral

O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere amosar o seu apoio a Leticia Vilar Pumares, xornalista e directora de comunicación e TICs da Deputación Provincial de Lugo, logo do ataque perpetrado a súa situación laboral por parte do grupo provincial do PP lucense, que cuestionou a lexitimidade do seu acceso ao posto nun comunicado enviado aos medios no que asegura que “se converte en funcionarios a persoal de confianza do presidente”, José Ramón Gómez Besteiro. No comunicado aluden directamente á xornalista e á súa praza dentro da institución. Continue reading

Mobilizacións no Grupo La Capital por retrasos e impagos

Os traballadores do grupo xornalístico La Capital saíron hoxe 3 de novembro á rúa mobilizados en protestas diande das sedes dos seus xornais ante unha situación de importantes retrasos nos pagos de nóminas. En Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Deporte Campeón saen á rúa a pedir o que é seu.
Ademais estes traballadores veñen sufrindo recortes constantes nas súas nóminas e na plantilla desde xullo do pasado ano, encadeando EREs temporales e baixo unha ameaza de ERE extintivo a partir de xuño de 2015.
Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia solidarizámonos coas súas reivindicacións xustas e esiximos da empresa que cumpla cos traballadores do mesmo xeito que eles están a cumprir coa empresa nos seus postos de traballo e lles dean aqueilo que lles pertence por pleno dereito que son os seus soldos íntegros.
Ademais reclamamos un plan de viabilidade consensuado entre a empresa e os representantes dos traballadores para asegurar a viabilidade da mesma e o mantemento dos postos de traballo en condicións dignas.

Mobilizacións ante o Diario de Arousa