Un informe evidencia a desigualdade imperante nos cargos directivos do sector da comunicación


Os homes copan os postos directivos no sector xornalístico. Esa é a principal conclusión do informe ‘A muller na cultura galega (II)’, elaborado polo Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, no que se constata que, agás nos medios públicos, a presenza das mulleres escasea canta maior é a responsabilidade do posto laboral.

No eido da comunicación, a pesar de que as mulleres son maioría na profesión, o patrón volve a repetirse: o informe deixa patente que nos medios de comunicación a presenza feminina é menor canto maior é a responsabilidade desempeñada. Así, por exemplo, no Clúster Audiovisual Galego, a asociación empresarial de referencia dentro do sector, os homes ocupan o 72% dos cargos directivos. Continue reading

Este 1º de maio, unidos pola dignidade


O Sindicato de Xornalistas de Galicia aunará forzas con outros seis sindicatos alternativos para marchar este 1º de maio nunha manifestación conxunta que percorrera as rúas de Vigo. O SXG participará xunto con CUT, CGT, CNT, STEG (Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza ), SF-Intersindical (Sindicato Ferroviario) e SE (Sindicato da Elevación) nunha marcha reivindicativa que sairá ás 11 horas da Praza Fernando el Católico e que rematará na Porta do Sol, onde representantes dos distintos sindicatos lerán un manifesto conxunto.

Os detalles da marcha foron presentados esta mañá en rolda de prensa en Vigo nun acto no que participaron representantes de todos os sindicatos. Continue reading

A Federación de Sindicatos de Periodistas urxe regularizar por lei o traballo dos xornalistas á peza

Sen ningunha protección legal, é o sector que máis sofre a crise económica porque perde o traballo sen indemnización e non cobra desemprego.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público esta mañá o seguinte comunicado:

A situación do fotógrafo freelance Ricard García Vilanova -que recuperou a liberdade o pasado 30 de marzo tras permanecer durante máis de seis meses secuestrado en Siria, como Javier Espinosa (El Mundo) e Marc Marginedas (El Periódico de Catalunya)- é unha boa proba, e a máis cruel, da desprotección absoluta na que traballan os xornalistas á peza. A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) considera necesario que se regule legalmente a situación deste colectivo profesional e insta aos grupos parlamentarios do Congreso a que poñan en marcha con urxencia as iniciativas necesarias para iso.

García Vilanova, ademais de sufrir a mesma situación que os seus dous compañeiros durante os meses de secuestro, non ten recibido ningún ingreso económico porque é un dos miles de profesionais que non cobran un soldo fixo, senón unha cantidade por cada traballo que venden a un medio de comunicación. Se en España estivera regulada por lei esta actividade profesional, como o está en moitos países europeos, durante o seu cautiverio tería percibido uns ingresos para poder afrontar a súa economía personal e a da súa familia. Continue reading