Búscanse voluntarios para a performance Atlas

Persoas de diferentes profesións, idades, orixes e crenzas. É o que Ana Borralho e Joao Galante buscan para darlle vida a Atlas, un espectáculo que reúne sobre o escenario a 100 persoas distintas, entre elas xornalistas, gráficos e comunicadores, conformando unha especie de atlas de organización social humana, unha representación dos seres humanos a través do seu papel na sociedade na que se inxiren. Continue reading

A FeSP consegue que a Defensora del Pueblo rectifique a súa postura da obrigatoriedade do uso de chaleco identificador

A Institución do Defensor del Pueblo, que dirixe Soledad Becerril, recoñeceu por escrito á Federación de Sindicatos de Periodistas da que é parte o SXG que os chalecos de identificación que a Dirección General da Policía Nacional recomenda utilizar aos fotoxornalistas nas manifestacións e protestas na rúa non son obrigatorios e, ademais, so están a disposición dunha asociación profesional e non de todas as representativas do sector. Continue reading

A FeSP pide unha rectificación á Defensora del Pueblo

Agustín Yanel, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Periodistas, asina unha carta para pedir que Becerril rectifique as declaracións nas que asegura que os informadores deben de vestir un chaleco branco nas manifestacións, cando é algo voluntario e so se facilita aos afiliados dunha asociación, e quenes non o empregan se poñen «nunha situación de risco».

A Federación de Sindicatos de Periodistas solicitou á institución do Defensor del Pueblo que rectifique a resposta que lle deu ao Movemento polos Dereitos Civís, na que indicaba que os xornalistas que non van ás manifestacións identificados cun peto de cor branco coa inscrición «prensa», a modo de chaleco, estanse a pór «nunha situación de risco neste tipo de eventos». Continue reading

A FeSP esixe a dimisión do Ministro del Interior

A Junta Ejecutiva Federal da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público un comunicado no que denuncia que ao manter a ‘Lei Mordaza’, pese ás críticas xeralizadas, parece que pretende reprimir as protestas cidadás e a información xornalística. A FeSP denuncia que o Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversións afecta negativamente ao dereito á información.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) reclama a dimisión ou destitución do Ministro del Interior, Jorge Fernández Díaz, porque durante os seus tres anos ao fronte desa carteira fixo méritos máis que de sobra para deixar o cargo. A pinga que colmou o vaso foi o empecinamento en manter e defender o proxecto de Ley Orgániza sobre Protección de la Seguridad Ciudadana, a pesar das críticas xeralizadas de todos os partidos da oposición -que votaron unanimemente contra ese texto nos seus primeiros trámites no Congreso- e de numerosos colectivos sociais e cidadáns. Continue reading

Campaña internacional contra a impunidade dos crimes contra xornalistas

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

O 23 de novembro de 2009 prodúxose en Filipinas o ataque masivo máis grave contra informadores, no que morreron 32 persoas, e para recordar esta masacre varias organizacións internacionais fixaron esta data para loitar contra a escasa persecución destes delitos.

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e o resto de organizacións internacionais que forman parte da Red IFEX en defensa da liberdade de expresión impulsan ao longo deste mes de novembro unha campaña para esixir aos gobernos de todo o mundo que tomen as medidas necesarias para poñer fin á impunidade que cada vez máis a miúdo rexistran os crimes contra os xornalistas. O 18 de decembro de 2013, a ONU instaurou o 2 de novembro como Día Internacional contra a impunidade dos delitos cometidos contra xornalistas, aniversario dos asasinatos de dous xornalistas de RFI, Ghislaine Dupont e Claude Verlon, rexistrados en Kidal (Mali) en 2013. A Red IFEX sinalou para o mesmo fin o 23 de novembro, que conmemora a masacre de Maguindanao, en Filipinas, cando polo menos 32 xornalistas perderon a vida nun único ataque, o máis mortífero contra os medios de comunicación. Así, a campaña desenvólvese ao longo do mes de novembro, entre estas dúas datas. Continue reading