Os colectivos profesionais de Galicia, en defensa dos medios públicos

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, as Asociacións de Xornalistas de A Coruña, Santiago e Lugo, adscritas a FAPE, así como o Sindicato de Xornalistas de Galicia, apoian as iniciativas adoptadas polos traballadores e traballadoras da CRTVG en defensa da súa independencia e da liberdade de información. Trala denuncia realizada polo Comité de Empresa da CRTVG sobre o que cualifican como prácticas de manipulación no seguimento de diversos casos de corrupción política e das presións exercidas sobre xornalistas dos servizos informativos, os colectivos profesionais celebran o paso adiante dos informadores en defensa do crucial papel dos medios públicos como garantes dunha información plural, veraz e independente e o uso de criterios exclusivamente xornalísticos na elaboración de contidos informativos. Continue reading