En marcha a constitución dun sindicato de xornalistas en Valencia

O pasado 14 de maio quedou formada a xestora que ha de atender a tarefa de constitución dun sindicato de profesionais da comunicación na Comunidade Valenciana. Integrada por profesionais de Alacante, Castelló e Valencia xa elaborou o borrador de estatutos da organización que haberá de someter ao congreso constituínte; así como o nomeamento final da entidade.

O congreso de constitución foi fixado, en principio, para os próximo 28 e 29 de xuño na cidade de Valencia e a xestora adiantou a súa decisión de adherir a nova organización á Federación de Sindicatos de Xornalistas, ente ao que tamén pertence o Sindicato de Xornalistas de Galicia e organizacións de Cataluña, Madrid, Baleares, A Rioxa, Andalucía e Canarias.

O proxecto declárase “aberto a todos os profesionais que desenvolvan os seus labores dentro do proceso de xeración de información”. Toda a oferta programática e o contacto cos compañeiros da xestora áchanse en: www.spccv.blogspot.com