Critican a cobertura da TVG da rolda de prensa dos actores sobre os lumes

Enrique Banet e Mabel Rivera arremeten contra a programación da canle autonómica

Os dous asinantes deste escrito, profesionais ben coñecidos en amplos sectores da sociedade galega debido, entre outros motivos, ás nosas continuadas aparicións na T.V.G., participamos o pasado martes día 8 na rolda de prensa convocada por un grupo de compañeiros, á súa vez sobradamente coñecidos, do teatro e do audiovisual de Galicia.

Do acto, recollido por diversos medios, informouse posteriormente nos sucesivos telexornais do día. Se ben é certo que ningún de nós os dous estabamos no estrado, senón sentados entre o público, non é menos verdade que gran parte do tempo a atención de TODOS os presentes (os propios compañeiros da mesa, o público e os medios alí desprazados, especialmente as cámaras da T.V.G., que mudaron de posición para recoller de fronte toda a nosa intervención, que foi certamente longa) se concentrou no debate que nós suscitamos.

Pois ben, se nos atemos á información aparecida reiteradamente nos informativos da canle pública, calquera podería pensar que simplemente pasabamos por alí. E nada máis lonxe da realidade: ningún de nós os dous estivemos xamais de paso neste País, que é o noso, nin no público nin no privado. Ben ao contrario, levamos moitos anos mantendo abertamente un claro posicionamento e un compromiso activo coa realidade social, cultural e MEDIOAMBIENTAL de Galicia. De xeito que, sen ánimo de reclamar ningún tipo de protagonismo persoal, nin moito menos de llelo restar aos compañeiros convocantes do acto, queremos denunciar un tratamento informativo que consideramos que desvirtuou por completo o carácter desa comparecencia. Non estamos en condicións de afirmar que o fixesen de maneira intencionada, pero para nós supuxo unha evidencia máis de que na nova televisión pública hai discursos que segue interesando silenciar, e isto si que non nos parece casual.

Tiveron Vdes. a oportunidade de recuperar un dos mellores espacios de servicio público da historia da canle autonómica, xerme dunha auténtica EDUCACIÓN AMBIENTAL, como era o programa Senda Verde, reiteradamente censurado, limitado de medios e finalmente retirado da programación e o seu director improcedentemente despedido en clara represalia por sumarse a unha campaña cidadá na que moitos nos unimos para esixir un cambio para Galicia. Cando Vdes. tomaron o relevo, en vez de recuperar e dotar dos medios que cabe esperar dunha canle pública para un espazo medioambiental xa consolidado e co forte calado social acadado polo programa ao que nos referimos, limitáronse a deixalo morrer de maneira tan torpe coma irresponsable. Non se confundan: non estamos reclamando un programita na tele, non buscamos colocarnos. Todo o contrario, protestamos aínda máis contundentemente polo feito de que nin sequera se molestaron Vdes. en substituír de inmediato ese necesario espacio por algún outro, a ser posible (será posible?) de rigor e características similares. Ou por sete, ou por vinte: desgraciadamente (ou deberiamos dicir desgraZAdamente?) os problemas da nosa sociedade, e aínda máis da rural, dan para iso e para moito máis, e proba dilo é a demente situación que estamos a vivir nestes días e que nos ven dando a razón do xeito máis cruel que ninguén puidera nunca imaxinar.

Unha imperdoable coincidencia de criterio que os iguala a Vdes. de maneira vergoñenta cos seus antecesores nos cargos directivos da canle autonómica. Por certo que, en canto a criterios de programación, o seguidismo do que veñen Vdes. facendo gala con respecto ao réxime anterior non acaba aí, senón que continúan Vdes. fiando a tremenda responsabilidade que comporta a xestión dunha televisión pública nos mesmos tres tristes piares fundamentais: as reposicións, a carallada e a verbena.

Por certo que a campaña cidadá por unha Galicia mellor, e moi significadamente por unha nova televisión pública, plural e de calidade, chamábase HAI QUE BOTALOS, lembran?, e nela tivemos a honra de compartir trincheira con algúns dos que agora ocupan os cargos directivos da nova televisión.

Recordámoslles, por se tamén o esqueceron, o título da curtametraxe que nós aportamos a esa campaña: Incendios.
Pola nosa parte, nin mudamos de compromiso nin pensamos renunciar ao dereito de manifestalo de maneira libre, crítica, responsable, independente e perante quen sexa preciso. Polo que a Vdes. respecta, non teñen nin dereito nin autoridade moral para silenciarnos.

Para calquera cousa que se lles ofreza, contan Vdes. co noso boto.

Atentamente,

Enrique Banet (realizador de TV) Mabel Rivera (actriz)

A CRTVG nega as ascusacións do PP de censura nas información sobre os lumes

Acusa ós populares de querer aproveitarse da crise

Segundo recolle Xornal.com , a TVG argumenta que "por primeira vez en moitos anos, os medios públicos galegos están dando conta, dun xeito totalmente fidedigno da situación especial que está a vivir o noso país, polo que están a ser uns dos medios informativos de referencia para todos os galegos e galegas, en contra do que aconteceu en situacións anteriores (cómpre lembrar o Prestige, as vacas tolas, ou mesmo os incendios en veráns pasados), que provocou a perda de prestixio e de audiencia da Televisión de Galicia e da Radio Galega".

Aseguran que o PPdeG, "unha vez máis, non dí a verdade. Os medios de comunicación públicos de Galicia están a manter, desde o inicio desta preocupante situación, un estado de alerta continuo e de programación especial para informar puntualmente de todo o que acontece en todo o país galego. Tanto na Radio Galega coma na TVG se aumentaron os espazos informativos, con especial atención durante todo o día a esta situación. De feito, esta mesma noite, a TVG ten programado un programa especial no que se afondará sobre as causas e consecuencias desta oleada de incendios".

O PP acusa á CRTVG de aproveitarse da precariedade dos traballadores para manipular as novas sobre os lumes

Acusa ó director xeral de censurar a "falta de medios"

Os galegos recurren a canles internacionais para informase dos lumes, segundo os conservadores. Nun comunicado, o Partido Popular de Galicia "amosa a súa solidariedade e todo o seu apoio aos traballadores dos medios públicos galegos polo esforzo e profesionalidade que están a demostrar na cobertura da catástrofe do lume que está a arrasar Galicia".

Os conservadores rexeitan "a actitude do director xeral da CRTVG que responsabiliza aos profesionais de que nos sete primeiros días do desastre ecolóxico e humano non se fixera nin un só minuto de programación especial". O PP cre que Benigno Sánchez elude as súas competencias e descarga a súa inoperancia nos traballadores.

Segundo os populares a situación de "apagón informativo agrávase coas prácticas de censura e manipulación que practica o director de informativos Roberto Cid".

Na súa web, os conservadores argumentan que "na TVG emitiuse a orde de non recoller declaracións críticas coa falta de medios da Xunta para apagar os lumes e deuse a consigna de reproducir as palabras do presidente Touriño de que "a situación está baixo control" ".

O PPdeG rexeita a presión sobre os traballadores, moitos con contratos en precario e outros desprazados fora dos telexornais, para que en vez de información fagan propaganda a favor da Xunta.

10 de agosto de 2006

El SPIR contra las injerencias en la información

El Sindicato de Profesionales de la Información de La Rioja (SPIR-FeSP)muestra su apoyo a los compañeros del Centro Territorial de TVE en La Rioja, ante las acusaciones del PP de ocultar información.

El pasado martes el PP ofreció una rueda de prensa sobre la situación de las infraestructuras dependientes del Estado en La Rioja. TVE decidió no incluir esta información en la primera edición de su informativo
territorial, basándose en criterios periodísticos, dejando la pieza para la edición de la tarde. Esto motivó una queja por parte del PP, que acusaba a los directivos de TVE en La Rioja "de abandonar el criterio de pluralidad a favor de intereses partidistas".

El SPIR defiende que la libertad de expresión que garantiza la Constitución española consiste en el derecho del periodista a decidir las informaciones que considera relevantes para su emisión o publicación. Por este motivo, el sindicato considera una grave injerencia la acusación del PP riojano, ya que este partido no entiende que los medios de comunicaciónno están obligados a emitir todas las ruedas de prensa que se convoquen, sino a regirse por criterios de relevancia, interés o actualidad.