Os traballadores de "Capital" e "O Comércio de Porto" lanzan cooperativa para salvar os xornais

A editorial española "Prensa Ibérica" suspendera a súa publicación.

O grupo dinamizador da iniciativa está a escoller o nome e os estatutos da cooperativa. Este é o primeiro paso de un proceso que pasa, a curto prazo, por negociar coas entidades oficiais o manteñemento dos postos de traballo.

O grupo de xornalistas decidiu tomar as rendas do proxecto dos xornais co apoio activo do movemento cooperativo. Segundo unha fonte de Uninorte, varias entidades, particulares e asociativas, manifestaron o seu interese no proxecto; polo que cando se cumpran os pasos legais, comezará o proceso de captación de cooperantes.

A empresa española editora "Prensa Ibérica" manifestou, segundo o SJ, a través do seu director xeral en Portugal, António Matos, simpatía por esta solución que permitirá voltar a publicar “A Capital” e “O Comércio do Porto”.

Maís información na web do SJ

NOTA ACLARATORIA: O SINDICATO DE XORNALISTAS DE GALICIA EN CONTRA DE QUE PRENSA IBÉRICA PECHE DOUS XORNAIS EN PORTUGAL

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica a suspensión da publicación que o grupo Prensa Ibérica acaba de aplicar ós xornais portugueses “O Comércio do Porto” e “A Capital”. Asemade, o SXG solidarízase cos máis de 150 profesionais destes periódicos que poden quedar sen traballo nos próximos días.

O SXG informa que está traballando canda o Sindicato dos Jornalistas (SJ) de Portugal e a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) para informar ós comités de empresa dos numerosos xornais de Prensa Ibérica da actuación deste grupo editorial en Portugal e consensuar medidas de protesta.

O xornal máis antigo de Europa en perigo

A desaparición destas dúas cabeceiras portuguesas suporía un serio revés para a pluraridade informativa en Portugal, ademais de significar a morte do xornal máis antiguo de Europa, "O Comércio de Porto".

Para respetar o gran esforzo que os traballadores de ámbalas redaccións están a facer para sacar adiante os seus xornais, o SXG solicita a Prensa Ibérica —que edita en Galicia "Faro de Vigo" e "La Opinión de A Coruña e é un dos grupos empresariais máis importantes da prensa local na península— que reanude a publicación de "O Comércio do Porto" e "A Capital" mentres prosiguen as negociacións cos inversores interesados e se tenta acadar unha saída viable economicamente para estes dous xornais.

Segundo datos da Associação Portuguesa para o Controlo de Tiragens, as vendas de “A Capital” , editado en Lisboa, alcanzaron os 3.422 exemplares diarios no primeiro trimestre de 2005, mentres “O Comércio do Porto” vendía 3.794 exemplares cada día no mesmo periodo. Pódese ampliar a información sobre este conflicto laboral na web do SJ.