Mobilizacións no Grupo La Capital por retrasos e impagos

Os traballadores do grupo xornalístico La Capital saíron hoxe 3 de novembro á rúa mobilizados en protestas diande das sedes dos seus xornais ante unha situación de importantes retrasos nos pagos de nóminas. En Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Deporte Campeón saen á rúa a pedir o que é seu.
Ademais estes traballadores veñen sufrindo recortes constantes nas súas nóminas e na plantilla desde xullo do pasado ano, encadeando EREs temporales e baixo unha ameaza de ERE extintivo a partir de xuño de 2015.
Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia solidarizámonos coas súas reivindicacións xustas e esiximos da empresa que cumpla cos traballadores do mesmo xeito que eles están a cumprir coa empresa nos seus postos de traballo e lles dean aqueilo que lles pertence por pleno dereito que son os seus soldos íntegros.
Ademais reclamamos un plan de viabilidade consensuado entre a empresa e os representantes dos traballadores para asegurar a viabilidade da mesma e o mantemento dos postos de traballo en condicións dignas.

Mobilizacións ante o Diario de Arousa



O SXG mostra o seu total apoio aos traballadores do grupo La Capital ante a ampliación do ERTE que están a sufrir

Despois de asinar un ERTE en xullo de 2013, empresa e traballadores do grupo La Capital veñen de asinar unha prolongación ata xuño de 2015 que afectará aos cinco xornais da cabeceira (Ideal gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Deporte Campeón e Diario de Arousa). O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere mostrar o seu total apoio ao plantel de traballadores afectados, que verán mermada un ano máis a calidade do seu emprego cando estaba a piques de rematar o anterior ERTE plantexado pola empresa e que están a ser os que co seu sacrificio a manteñen. Continue reading