A FESP denuncia o acoso a un xornalista por parte dun dirixente do PP

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o SXG, denuncia o asedio xudicial que vén sufrindo nos últimos anos o xornalista cántabro P.I., ex director da desaparecida revista A Realidade, a instancias do ex secretario xeral do PP desa comunidade e ex presidente de Caixa Cantabria, Carlos Sáiz.

I. foi condenado no seu día a indemnizar con 120.000 euros ao entón máximo dirixente do PP de Cantabria, por unhas informacións publicadas nesa revista que, aínda que eran certas, unha xuíz considerou que atentaban contra a súa honra.

Esa cantidade foi reducida posteriormente a 1.200 euros pola Audiencia Provincial, pero para esa data a revista viuse obrigada a pechar. Naquela época a lei permitía executar unha sentenza aínda que non fose firme -normativa que foi anulada despois-, polo que Sáinz solicitou esa medida e levou á publicación ao peche.

A tensión que sufriu o reporteiro debido ao acoso ao que estaba sendo sometido provocou que en 2004 diagnosticásenlle a enfermidade de Parkinson. Foille concedida unha pensión por invalidez permanente, que é do que vive.

A xuíz Laura Cuevas embargara o 12% dos ingresos de PatxiIbarrondo. Recentemente, a instancias de Carlos Sáiz, embargou a totalidade da conta na que o xornalista recibe a súa pensión, o que lle deixa na miseria.

Desde a Xunta Executiva Federal da FeSP facemos un chamamento a toda a profesión xornalística, de xeito especial á Asociación da Prensa de Cantabria, para que mostre a súa solidariedade e axuda a un xornalista que atravesa por tan grave momento só porque decidiu exercer a súa profesión con independencia e converteuse en incómodo.

O que lle ocorreu a I. é un claro ataque á liberdade de expresión e así debemos entendelo todos os xornalistas.

A FeSP ponse a disposición de Patxi Ibarrondo para calquera iniciativa que queira emprender en defensa da súa dignidade e encomendou aos seus servizos xurídicos que estuden as medidas a levar a cabo para frear este atropelo.

20 postos de traballo na nova radio televisión de Asturies

O Ente de Comunicación do Principado de Asturias vai realizar a selección de 20 traballadores. A nova cadea emiitirá en probas o 15 de setembro.

Estes 20 postos de traballo teñen a finalidade de cubrir o apartado técnico da radio e da televisión. RTPA (Radio Televisión do Principado de Asturias) convoca prazas para técnicos en Relacións Corporativas, en Xestión e en Antena e Contidos. Para máis información pódese consultar o Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA).

Ademais, a convocatoria de postos de traballo xa está dispoñible na Rede