O martes folga en Antena 3 Tv

NON SE EMITIRÁ O PARTIDO DO REAL MADRID

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ditou para esa xornada uns servizos mínimos que responden estritamente á obrigación de garantir o dereito á información dos cidadáns que é o servizo esencial que debe fornecer unha empresa de televisión de concesión pública.

Polo tanto, a cadea de San Sebastián de los Reyes emitirá exclusivamente edicións reducidas dos programas informativos e unha programación previamente gravada e distinta da habitual.

Isto implica que, entre outros, cáese da grella de programación o partido de fútbol que enfrontará ao Real Madrid co Lazio da copa UEFA.