Mobilizacións no Grupo La Capital por retrasos e impagos

Os traballadores do grupo xornalístico La Capital saíron hoxe 3 de novembro á rúa mobilizados en protestas diande das sedes dos seus xornais ante unha situación de importantes retrasos nos pagos de nóminas. En Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Deporte Campeón saen á rúa a pedir o que é seu.
Ademais estes traballadores veñen sufrindo recortes constantes nas súas nóminas e na plantilla desde xullo do pasado ano, encadeando EREs temporales e baixo unha ameaza de ERE extintivo a partir de xuño de 2015.
Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia solidarizámonos coas súas reivindicacións xustas e esiximos da empresa que cumpla cos traballadores do mesmo xeito que eles están a cumprir coa empresa nos seus postos de traballo e lles dean aqueilo que lles pertence por pleno dereito que son os seus soldos íntegros.
Ademais reclamamos un plan de viabilidade consensuado entre a empresa e os representantes dos traballadores para asegurar a viabilidade da mesma e o mantemento dos postos de traballo en condicións dignas.

Mobilizacións ante o Diario de Arousa



Apoio total do SXG á Plataforma en Defenda da Onda Corta de Radio Exterior de España

O Sindicato de Xornalistas apoia expresamente a campaña da Plataforma en Defensa da Onda Corta en Radio Exterior de España (REE) para a recuperación das emisións que foron suprimidas o pasado 15 de outubro. “Consideramos que este servizo garante o cumplimeto do dereito a recibir información de moitos cidadáns que por diferentes motivos están desprazados circunstancial ou temporalmente fóra das nosas fronteiras. Non cremos xustificado o seu peche”, como lle trasladou á Plataforma o secretario xeral do SXG, Santiago Montes. Continue reading

Comunicado de apoio aos traballadores despedidos no Diario de Pontevedra

A Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida este sábado en Santiago de Compostela, quere amosar o seu total apoio aos traballadores despedidos esta semana no Diario de Pontevedra, seis traballadores de redacción e unha de administración aos que a empresa lles rescindiu o contrato baseados en motivos económicos, así como a tres bolseiros de redacción. O SXG tamén respalda as reivindicacións dos traballadores e todas as accións que leven a cabo nos vindeiros días, a primeira unha folga de sete días que comezará o vindeiro 5 de novembro. Continue reading

Os xornalistas reclaman ao PP que cumpla a súa palabra na LPI

A Plataforma por los Derechos de Autor de los Periodistas lamenta nun comunicado a actitude do Partido Popular e lle pide que acepte enmendar o proxecto para atender as reclamacións dos informadores.

A Plataforma por los Derechos de Autor de los Periodistas lamenta que, unha vez máis, o Partido Popular (PP) rexeitara, agora no Senado, as enmendas da oposición ao proxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual, pese a que varios dirixentes e membros do Executivo amosaran en público a súa conformidade con algunhas, e non contemple finalmente incluir aos xornalistas e fotorreporteiros como titulares dos dereitos que recoñece aos editores, a percibir unha remuneración polo uso nos agregadores de fragmentos non significativos dos contidos. Continue reading